Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 10 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas continúa sen renovar o contrato da auga, denuncia o PP

O PP lémbralle ao bipartito BNG-PSOE que se cumpre un ano desde que o contrato caducou e que seguen sen sacalo a concurso público

O Grupo Municipal do PP denuncia que se vai cumprir un ano desde que caducou o contrato de prestación de servizo da auga no Concello de Ponteareas e que o bipartito segue de brazos cruzados sen liquidar a problemática.

 

“Nin novo contrato, nin melloras que permitan reducir o recibo aos veciños e cobrar polo consumo real. Despois de case un ano seguimos igual pese aprobarse unha moción en pleno na que o propio Goberno local acordou “ municipalizar “ o servizo e crear unha comisión de seguimento na que estivesen todos os grupos políticos con representación, aos que levan seis anos negándolles información neste sentido” lembran os populares.

 

Villar considera que o bipartito non ten intención de cambiar o formato de prestación de servizo da auga e que o BNG se dedicou a facer moito ruído desde a oposición para agora gardar silencio cada vez que se lles pregunta porqué segue prestando servizo a empresa actual, se xa finalizou o contrato. “Imos levar esta cuestión de novo ao pleno, para que se municipalice o servizo e para que se rebaixe o recibo que pagan actualmente veciños, comerciantes, hostaleiros, etc”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.