LIBROS
Andrea Pousa publica o seu segundo álbum
Once temas, máis un de agasallo, conforman o novo disco, no que a artista arraina se mergulla nas augas do Miño para cantar sobre a vida, o amor ou o respecto en tres linguas: galego, portugués e castelán
Retorno, o novo disco de Andrea Pousa, xa é do público. A artista de Tomiño vén de lanzar, nas plataformas dixitais, o seu segundo álbum de estudio, un traballo melódico e moderno que nace nas aguas do Miño, entre Galicia e Portugal. Desde as súas raíces, tanto territoriais como identitarias, Pousa dota de contemporaneidade aos folclores galego e portugués nun traballo atravesado por estilos urbanos, como o pop ou a electrónica, e ritmos latinos.
Retorno conecta as orixes da creadora arraiana coa actualidade. Galego, portugués e castelán son as linguas nas que Andrea Pousa canta a todas as vivencias, experiencias, sabores ou emocións vinculadas as súas raíces e que, dalgún xeito o outro, volveu atopar no seu camiño. “Este álbum inspírase no profundo amor que sinto pola miña paixón, a música. Un amor real e puro que quero compartir e vivir, na súa plenitude, co público”, sinala a artista, responsable da meirande parte das melodías e letras que conforman o seu segundo traballo discográfico, ao que imprime o seu propio carácter, e no que contou co acompañamento na produción do pianista e recoñecido produtor portugués Paulo Borges.
O álbum, distribuído por Altafonte, conta cunha ducia de temas (once máis un de agasallo), entre os que se atopan os tres primeiros cortes que Andrea Pousa deu a coñecer nas últimas semanas tanto en América Latina, Portugal e Galicia e que se acompañan de pezas audiovisuais: Axendados, Camiñares e Alalá Meigo. O pasado mércores, día 5, publicouse o cuarto e último avance de Retorno, nomeado Atrapados, un tema pop-electrónico no que a música realiza unha crítica á ficción que se crea nas redes sociais. Xunto a eles, temas como Do teu lado, Pareja de tres, Soidade ou o propio Retorno, que dá nome ao disco, conforman o traballo máis moderno dunha artista chamada a ser unha das novas grandes voces femininas do panorama musical iberoamericano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40