Galicia
Descontos de entre 100 e 450 euros na compra de electrodomésticos
A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta semana en Lalín as instalacións de Tien21, un dos ao redor de 500 establecementos que nestes momentos están adheridos ao programa Renove Electrodomésticos da Xunta de Galicia. Tal e como avanzou a directora, nestes momentos xa se presentaron un total de 7739 reservas de fondos por parte de particulares que implican unha axuda asociada de 1,18 millóns de euros
A convocatoria está aberta desde o pasado 20 de abril e o prazo de solicitudes manterase ata o 30 de setembro ou ata que se esgote o crédito previsto, que este ano ascende a 3M€, un 70% máis que o pasado ano e co que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pretende chegar a 20.000 fogares. As solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras e presentaranse por medios electrónicos.
O programa Renove Electrodomésticos está dirixido a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.
Os apoios poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Deste xeito, prestarase especial atención ás familias vulnerables. Cada beneficiario poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos.
Con esta convocatoria a Xunta prevé promover unha mobilización de 10,5M€, aforros económicos anuais de 560.000 euros, unha redución do consumo enerxético de 4050MWh/ano, unha diminución das emisións de CO2 equivalente á plantación de 60.000 árbores e a creación de, aproximadamente, 150 postos de traballo.
Na pasada convocatoria, a Xunta apoiou un total de 11.822 actuacións por un importe de 1,7M€. Máis da metade para a compra de lavadoras, que foi o produto máis demandado polos beneficiarios. O 40% do importe das axudas foi para familias vulnerables. En total, mobilizáronse 6M€ e conseguíronse aforros económicos de máis de 300.000 euros ao ano.
O programa enmárcase no Plan de axudas ao comercio galego, sumándose así aos Bonos Activa Comercio ou ao Bono Enerxía Peme e Comercio. Todas estas iniciativas teñen como obxectivo reforzar a competitividade do sector e incentivar o consumo, favorecendo deste xeito a súa recuperación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217