VIGO
As praias de Samil e O Vao terán cintas separadoras este verán
O alcalde na presentación do sistema de cintas separadoras o ano pasado.
O alcalde avanzou que os dous areais vigueses repetirán o sistema de cintas de cores para marcar os espazos, establecido o verán pasado, durante os meses de xullo e agosto
"Sabemos que este verán vai ser menos malo que o anterior pero imos poñer as cintas nestas praias", anunciou Caballero en rolda de prensa, para "seguir situando a seguridade Covid 1000x100" nos areais da Samil e O Vao durante os meses de xullo e agosto, que son os de maior afluencia.
Tal e como expuxo, marcando as cuadrículas para os espazos das persoas de acordo coa norma sanitaria vixente en cada momento, os bañistas poden ter elementos de referencia nos areais para respectar a distancia de seguridade interpersoal.
O Concello instalou o verán pasado o sistema de cintas separadoras por cores nas praias para garantir a seguridade Covid e, este verán, repítese a fórmula de cuadrículas. "Isto non significa ningunha limitación adicional á establecida pola autoridade sanitaria", engadiu o alcalde, senón que permitirá distribuír homoxeneamente o número máximo de persoas permitidas no conxunto do areal.
Ademais, Caballero lembrou que Vigo é a cidade de España con máis bandeiras azuis: dez praias e 3 sendeiros, que copan unha parte importante da actividade no verán, polo que puxo en valor os sendeiros Camiño á Beiramar", a Senda Entre Faros en Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis.
Sobre o operativo de salvamento e socorrismo, o alcalde apuntou que este ano o Concello organizou un curso gratuíto para formar a socorristas para "evitar o problema de falta de socorristas" actuando con previsión para poder dotar ás praias deste servizo, ao que se suman efectivos da Policía Local, Protección Civil e técnicos en primeiros auxilios.
Axudas de emerxencia
O alcalde informou sobre a actuación do Concello en política social a través das axudas de emerxencia. A comisión municipal concedeu este martes 195 axudas por un importe superior aos 22.000 euros. 50 das aprobadas foron para pagos de vivendas e "segue habendo lanzamentos, desaloxos por decisións xudiciais das que se fan cargo os concellos", apuntou, engadindo que se levan atendido "a case 37.000 persoas e millóns de euros dedicados a axudas sociais para paliar os efectos da crise económica derivada da pandemia". A este respecto, o rexedor criticou que a Xunta de Galicia non achegue fondos a Vigo para este fin tras recibir axudas do Goberno de España pero "a Vigo non chegan".
O alcalde na presentación do sistema de cintas separadoras o ano pasado."Sabemos que este verán vai ser menos malo que o anterior pero imos poñer as cintas nestas praias", anunciou Caballero en rolda de prensa, para "seguir situando a seguridade Covid 1000x100" nos areais da Samil e O Vao durante os meses de xullo e agosto, que son os de maior afluencia.
Tal e como expuxo, marcando as cuadrículas para os espazos das persoas de acordo coa norma sanitaria vixente en cada momento, os bañistas poden ter elementos de referencia nos areais para respectar a distancia de seguridade interpersoal.
O Concello instalou o verán pasado o sistema de cintas separadoras por cores nas praias para garantir a seguridade Covid e, este verán, repítese a fórmula de cuadrículas. "Isto non significa ningunha limitación adicional á establecida pola autoridade sanitaria", engadiu o alcalde, senón que permitirá distribuír homoxeneamente o número máximo de persoas permitidas no conxunto do areal.
Ademais, Caballero lembrou que Vigo é a cidade de España con máis bandeiras azuis: dez praias e 3 sendeiros, que copan unha parte importante da actividade no verán, polo que puxo en valor os sendeiros Camiño á Beiramar", a Senda Entre Faros en Illas Cíes e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis.
Sobre o operativo de salvamento e socorrismo, o alcalde apuntou que este ano o Concello organizou un curso gratuíto para formar a socorristas para "evitar o problema de falta de socorristas" actuando con previsión para poder dotar ás praias deste servizo, ao que se suman efectivos da Policía Local, Protección Civil e técnicos en primeiros auxilios.
Axudas de emerxencia
O alcalde informou sobre a actuación do Concello en política social a través das axudas de emerxencia. A comisión municipal concedeu este martes 195 axudas por un importe superior aos 22.000 euros. 50 das aprobadas foron para pagos de vivendas e "segue habendo lanzamentos, desaloxos por decisións xudiciais das que se fan cargo os concellos", apuntou, engadindo que se levan atendido "a case 37.000 persoas e millóns de euros dedicados a axudas sociais para paliar os efectos da crise económica derivada da pandemia". A este respecto, o rexedor criticou que a Xunta de Galicia non achegue fondos a Vigo para este fin tras recibir axudas do Goberno de España pero "a Vigo non chegan".




































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49