Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Martes, 18 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O alumnado do IES Antón Alonso Ríos constrúe unha Escape Room

O alumnado de 2º de CM de Instalacións de Telecomunicacións do IES Antón  Alonso Ríos, no módulo Circuíto pechado de televisión e seguridade  electrónica, deseñou e construíu unha Escape Room que están a desfrutar os profesores nos recreos e á que xogará o alumnado de 4º da ESO como parte da  promoción deste ciclo formativo.


Este proxecto comezou no curso 2019-2020 cunha visita á empresa  colaboradora no mesmo, o Eskapark de Vigo, na que o alumnado puido ver as  súas instalacións e vivir a experiencia. Isto axudou ao grupo a familiarizarse  con este tipo de xogos e coller ideas para poder adaptar a unha Escape Room as  prácticas dos diferentes módulos que se imparten no ciclo.


Coa declaración do estado de alarma o alumnado dese curso non puido rematar o proxecto que pretendía ofertar a Escape Room tanto ao alumnado do IES  coma ao alumnado doutros centros e mesmo á veciñanza de Tomiño.


Este curso, debido ás restriccións pola pandemia, retomouse o proxecto coa  condición de que fóra portátil e poder levala a outros centros e dar así a coñecer, dun xeito lúdico, as ensinanzas que se imparten no CM de Instalacións de  telecomunicacións.


A Escape Room consta de 6 probas/prácticas onde os xogadores deberán  conseguir os códigos para ir abrindo caixas e portas onde atoparán novas pistas  que os levarán ao xogo final.


Esta Escape Room estará nas próximas  semanas no C.P.I Manuel Suárez Marquier.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.