Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 02 de Marzo de 2026 a las 17:49:12 horas

Xornal21.es
Domingo, 16 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Fernández-Tapias anuncia a licitación das obras de substitución da cuberta do IES Val Miñor

A delegada territorial da Xunta sinala que con esta intervención búscase a mellora enerxética do centro, que contará cunha nova cuberta e sistemas de illamento

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou esta semana que o Goberno galego licitará por 193.000 euros as obras de substitución da cuberta do IES Val Miñor, no concello de Nigrán.

 

Segundo confirmou nunha visita a este centro educativo, con esta intervención búscase a mellora enerxética da edificación, que contará cunha nova cuberta e sistemas de illamento. En canto ás especificacións técnicas da obra que se vai a executar no IES Val Miñor, Marta Fernández-Tapias detallou que consistirán na instalación dunha nova cuberta de panel sándwich con aceiro galvanizado e interior de poliuretano, a dotación de lana de roca para favorecer o illamento do teito e evitar as filtracións de auga e a substitución dos canalóns e as baixantes por outros de PVC.  

 

 

 

 

Cifra en máis de 2,3 millóns as obras actualmente en execución pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nos centros da área de Vigo

 

 

 

 

A delegada defendeu así que a Xunta de Galicia continúa a súa aposta pola mellora das infraestruturas educativas cifrando en máis de 2,3 millóns de euros as obras actualmente en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na área territorial de Vigo.

 

Deste modo, citou as reformas enerxéticas que se están a acometer no EEI Areal de Baiona,  no IES A Paralaia de Moaña e no IES Castelao, CEP Celso Emilio Ferreiro, IES Ricardo Mella e IES de Beade no concello de Vigo, ás que se suma a rehabilitación integral do IES Santa Irene. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.