O PORRIÑO
Premian ao Concello do Porriño pola súa achega á campaña "Recicla e únete ao reto"
O premio de 2.000€ será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual "Aceesca"
Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza recolleu en representación do Concello do Porriño, o galardón outorgado pola achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, consistente nun premio de 2.000 € que se doarán á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”.
O acto de entrega tivo lugara semana pasada en Sanxenxo, coa asistencia de Angeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e directivos da entidade “Ecoembes”. Sergio Casal agaredeceu, no nome da veciñanza porriñesa “que foi quen de colaborar na campaña de recollida destes residuos para a súa reciclaxe.
Este premio é mérito de todos eles e será unha honra destinalo á asociación Aceesca, como xa acordaramos”, manifestou o concelleiro.
Na súa breve intervención, Casal Quintas puxo a nota de humor ante os presentes. A diferencia doutros representantes de concellos tamén galardoados que reivindicaron as súas prais e as bandeiras azuis recibidas, o concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “nós en Porrriño, a falta de praias temos un pan excepcional e uns callos maravillosos para vir a comer despois dun día na praia”.
O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e "Ecoembes" pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, "Recicla e únete ao reto!". A campaña, desenvolvida simultaneamente en quince concellos galegos, consistiu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.
Coa ocasión deste reto, na praza Arquitecto Antonio Palacios colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña aprendéndolle á cidadanía como separar correctamente os residuos. Tratase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186