Vigo
A homenaxe do IES Ribeira do Louro a Xela Arias loce na fachada da Xunta en Vigo
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe ao alumnado do IES de Ribeira do Louro, no acto de colocación na Delegación Territorial do mural floral co que o centro educativo porriñés homenaxea este 17 de maio, Día das Letras Galegas, á poetisa Xela Arias.
A representante autonómica valorou a iniciativa do IES Ribeira do Louro, que este ano confeccionou un telar ad hoc, de 8x3 metros, para colgar no exterior do edificio administrativo, nunha cidade que recordou foi fundamental na vida e na obra de Xela Arias.
Asemade, incidiu na ampla programación desenvolvida pola Xunta para celebrar o Día das Letras Galegas, con máis de medio centenar de accións presenciais e en liña que abranguen propostas no eido literario, expositivo, deportivo, promocional, musical e escénico, entre outros. Unha programación froito dun traballo colaborativo entre as institucións e a familia da poetisa, que abranguen multitude de iniciativas de participación social e cultural, fomento da igualdade e integración, así como accións musicais e actividades no ensino, nos concellos e no exterior.
A cidade de Vigo será protagonista na celebración da obra de Xela Arias, acollendo o acto central da programación o vindeiro 17 de maio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49