Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Actualizada Miércoles, 25 de Febrero de 2026 a las 13:29:26 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 19 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Novas achegas do Plan Concellos para Arbo, Cambados, A Illa e Forcarei

Enmarcadas na Liña 1 de Investimentos, están dirixidas a mellorar a infraestrutura viaria e de equipamentos municipais

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento por preto de medio millón de euros (486.654€) no marco da Liña 1 do Plan Concellos 2021, co que os municipios de Arbo, Cambados, A Illa de Arousa e Forcarei poderán financiar a mellora da infraestrutura viaria e de equipamentos municipais.

 

En concreto, con esta nova dotación de recursos, o concello de Arbo poderá acometer as obras de mellora de dous camiños públicos do viario municipal en Cequeliños, cunha achega da institución provincial de 89.768 euros. As actuacións consistirán na mellora e ensanche destes camiños, así como a mellora do drenaxe.

 

Cambados recibirá unha achega de 119.528 euros para abordar a remodelación da praza da Xuventude, situada no centro da vila. Esta actuación responde á necesidade de reparar as filtracións de auga que afectan á primeira planta do aparcadoiro situado baixo a praza, producidas debido á ineficaz impermeabilización. Así mesmo, o concello de Forcarei percibirá unha achega de 89.166€ para acometer a mellora do camiño de acceso a parcelas en Rabadeiras, na parroquia de Santa María de Dúas Igrexas, dun total de 2,1 quilómetros.

 

Por último, A Illa de Arousa recibirá dúas achegas, a primeira de 120.000€ para a mellora do illamento do pavillón deportivo e outra por 68.190€ para a mellora do mobiliario dos xogos dos parques infantís das Laxes, Monte e Cabodeiro. No primeiro caso, acometerase a impermeabilización das fachadas e cambio de carpintería exterior do pavillón, así como a revisión da cuberta para evitar a filtración de auga. E no que atinxe aos parques infantís, teñen unha antigüidade de media superior aos 17 anos e aínda que se fixeron reparacións ao longo dos anos, presentan un deterioro que, segundo o proxecto, fai obrigada a súa renovación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.