Provincia de Pontevedra
Smartpeme pon en marcha esta semana outros catro obradoiros online
Ata o 20 de maio o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Pinterest, as estratexias de marketing por correo electrónico, como debuxar con Onshape ou como vender por Internet con Woocommerce
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico, como deseñar un lead magnet para aumentar os seguidores por correo electrónico, como debuxar con Onshape ou como manexarse con Woocommerce, una solución para vender a través de Internet.
En concreto, este martes 18 impartirase o obradoiro “Como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico”, a cargo de Mariana Rosa, Graduada en Turismo, quen falará da utilidade desta ferramenta onde as imaxes son as protagonistas.
O mércores 19, Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá “Infoprodutos II: deseña un lead magnet para aumentar os teus subscritores”, obradoiro que plantexará a importancia de crear una boa base de datos para obter o maior éxito na nosa estratexia de marketing a través do correo electrónico
Para finalizar a semana, o xoves 20, será a quenda de “Debuxo con Onshape, PartStudio I” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da facilidade de utilización deste software de debuxo. Por último e no mesmo día, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro “Woocommerce: a solución que buscabas para vender por Internet I”, unha ferramenta moi sinxela que permite a montaxe dunha tenda online xunto con un pequeno catálogo de produtos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151