Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 22 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación incrementa o seu apoio ás producións con “Pontevedra, plató de cinema”

O programa de patrocinio e mecenado da Deputación conta cun orzamento de 90.000 euros para impulsar ás rodaxes feitas na provincia

A provincia de Pontevedra está chea de recunchos que ben poden ser o escenario das películas máis vistas nos cinemas de todo o mundo. A Deputación, consciente do potencial da provincia e da importancia de apoiar ao sector audiovisual, vén de aprobar en Xunta de Goberno as condicións que deben cumprir a entidades que queiran formar parte de “Pontevedra, plató de cinema”, o programa de patrocinio e mecenado ás rodaxes feitas na provincia. A institución eleva este ano o orzamento da iniciativa ata aos 900.000 euros, o que supón 30.000 euros máis que na súa edición anterior.

 

Os proxectos audiovisuais ou obras de animación que queiran acceder a estas achegas deberán ser en galego, estar desenvolvidos por entidades privadas e mellorar a visibilidade e notoriedade da provincia situando na provincia de Pontevedra, polo menos, un 50% do total dos seus escenarios. As longametraxes que cumpran estes requisitos poderán obter unha axuda cun importe máximo de 15.000 euros e mentres que as curtametraxes poderán chegar a obter 3.500 euros.

 

“Pontevedra, plató de cinema” arrincou o ano pasado co patrocinio de “Nación”, de Margarida Ledo, que xa obtivo premios á Mellor dirección no Festival de  Cine de Sevilla 2020 e ao Mellor documental nos Mestre Mateo 2021, e “9 Fugas”, de Fon Cortizo, que se alzou co Premio Mestre Mateo á Mellor Música Orixinal ademais de obter o Premio á mellor película na sección Retueyos do Festival Internacional de Cine de Xixón. Ademais, tamén se patrocinaron “Negro Púrpura”, Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias, e “Devolvendo o Golpe”, de Carlos Prado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.