Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 22 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP desvela que o Concello do Porriño gastou un millón de euros en comprar locais

Tras celebrarse o pleno extraordinario solicitado polos populares en varias ocasións e que a alcaldesa socialista intentou evitar “a toda costa” explican

Esta semana celebrouse o pleno extraordinario solicitado en varias ocasións polo PP do Porriño e que a alcaldesa socialista intentou evitar “a toda costa” segundo os poplares. Ante esta negativa, o secretario notificou a convocatoria atribuída por lei. Todos os puntos propostos polo PP foron aprobados pola maioría do pleno municipal, coa oposición do Goberno.

 

Durante a sesión, o voceiro popular, Alejandro Lorenzo, denunciou que "a empresa Guanabara Proxectos e Inversións incumpriu varios contratos de alugueres co Concello do Porriño", “ante a pasividade do Goberno local”, e por iso esixe que se reclame á empresa por suposto enriquecemento inxusto. "Pero, o que é peor, un ano despois o Concello do Porriño comprou eses locais á mesma empresa por aproximadamente un millón de euros”.

 

Lorenzo explicou que esta empresa reclamou facturas de alugueres ao concello por importe de preto de 80.000 euros, co compromiso de que ía acondicionar os locais para uso municipal. “Pero esta empresa non só incumpriu o pactado, senón que demandou no xulgado as súas facturas, sen oposición ningunha por parte do Goberno municipal, que parece que todo lle dá igual e non defende os intereses dos veciños do Porriño”. Pero o máis grave, engade, “é que non só se incumpriron os acordos pactados e non se reclamou nada á empresa, senón que un ano despois o Concello do Porriño adquiriu de xeito directo á mesma empresa os locais que a día de hoxe continúan lóbregos”.

 

 

 

 

Alejandro Lorenzo sinala que nos últimos catro anos contabilízanse 16 millóns de euros en facturas con reparo de intervención, “unha cifra desorbitante e de récord para esta alcaldesa”

 

 

 

 

“Unha situación totalmente inaceptable, para quen é responsable das contas municipais e debe velar polo interese dos veciños”, criticou Lorenzo, que no pleno volveu a referirse aos reparos continuados do servizo de intervención municipal por “facturación sen procedemento, algo reiterado no Concello do Porriño”. Nesta liña, recordou que nos últimos catro anos contabilízanse 16 millóns de euros en facturas con reparo de intervención, “unha cifra desorbitante e de récord para esta alcaldesa”. Como exemplo, subliñou un novo caso, “a facturación irregular e sen procedemento algún da empresa Fluge, que son servizos de megafonía ou audiovisual, que nada ten que ver cos servizos básicos deste concello e que facturou máis de 200.000 euros sen procedemento algún”. Sobre estas facturas, o PP desvelou que o informe do secretario municipal informa, “de xeito contundente”, que non consta a existencia de procedementos administrativos de contratación pública, como tampouco hai informes de técnicos ou persoal do departamento de Cultura que acredite que os traballos se fixeron e advirte que non se cumpriu cos acordos plenarios de xullo e agosto de 2020 sobre a revisión de oficio da facturación presentada pola empresa.

 

Por último, o PP tamén pediu a revisión das nóminas abonadas á alcaldesa do Porriño durante a súa ausencia por enfermidade ou prescrición médica, de xeito reiterado en diferentes medios e pola que delegou as súas funcións no tenente de alcaldesa. “Cobrou o cen por cento da nómina porque non presentou partes de baixa médica como se lle esixe a calquera traballador, que si vería reducidos os seus ingresos por enfermidade, como se recolle na lei da seguridade social”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.