Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 08:48:59 horas

Xornal21.es
Domingo, 23 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta aprobará o Plan Reitor do Parque Natural de Corrubedo este mesmo mes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presidiu esta mañá a reunión do Consello Consultivo de Medio Ambiente

A Xunta de Galicia aprobará este mesmo mes o Plan reitor de usos e xestión (PRUX) do complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Así o avanzou esta semana a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, despois da reunión do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Cogamads).

 

Este organismo de consulta informou favorablemente este documento, polo que así culmina a tramitación necesaria para elevalo ao Consello da Xunta e que sexa aprobado definitivamente polo Goberno galego antes da súa entrada en vigor.

 

A conselleira lembrou o traballo feito previamente ata chegar a este respaldo por parte do Cogamads, que incluíu o visto e prace da xunta reitora do parque natural e, unha vez superado este trámite, o sometemento a consulta pública, período no que se presentaron alegacións. Segundo salientou, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural aceptou total ou parcialmente un 92% das achegas recibidas.

 

Vázquez Mejuto sinalou que na actualidade o parque natural, cunha superficie de preto de 1.000 hectáreas, se regula por un Plan de ordenación de recursos naturais (PORN) e que a Lei de patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia sinala que os parques e reservas naturais deberán regularse cun plan reitor e fixar medidas de xestión necesarias para compatibilizalos coa conservación destes espazos.

 

Así, o principal obxectivo que fixa o novo PRUX para o complexo dunar é xerar e reforzar canles para o fomento do coñecemento científico e a divulgación, así como regular as actividades de uso público, os aproveitamentos e calquera outro uso.

 

 

 

 

Ángeles Vázquez avanza esta ferramenta de usos e ordenación deu o último paso para a aprobación definitiva polo Goberno galego, antes da súa entrada en vigor

 

 

 

 

Ademais, nese sentido, facilitar o uso respectuoso e regulado do medio, sobre todo por parte de quen leva anos no mesmo e coñece con exactitude os valores ambientais e naturais a protexer, ao tempo que se permiten as actividades sociais e económicas.

 

Por outra banda, a conselleira sinalou que o ámbito está dividido en tres: a zona I ou de uso limitado (573 ha), que comprender áreas con valores naturais excepcionais que requiren dunha maior protección, diferenciando entre zona litoral e zona de lagoas e marismas; a zona II ou de uso compatible (369 ha), con áreas que albergan hábitats prioritarios ou de interese comunitario, ou de interese para a conservación, incluíndo espazos moi demandados polo uso público, como a praia; e a zona III ou de uso xeral, que inclúe os terreos desnaturalizados pola actividade humana ou nos que se xera unha actividade antrópica elevada, como parcelas urbanas, equipamentos e infraestruturas de uso público.

 

Por último, Ángeles Vázquez destacou que Corrubedo se sumará deste xeito á listaxe de parques galegos que contan cun PRUX, pois o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e os parques naturais de Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra e O Invernadoiro xa contan con este instrumento de protección. Ademais, engadiu xa se está a traballar nos do Xurés e Fragas do Eume.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.