Sábado, 07 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios

Dan comezo as visitas guiadas teatralizadas pola obra e vida de Antonio Palacios coa ocasión do 75 aniversario do falecemento do excepcional arquitecto porriñés.

 

Levaranse a cabo unha serie de 10 visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto Palacios no casco urbano da súa vila natal. As visitas partirán do Templete de San Luis e incluirán a casa do Concello a Fonte do Cristo e a Botica Nova. Terán unha duración de 50 minutos e requiren de inscrición previa porque hai prazas limitadas.

 

As inscricións deben realizase a través de correo electrónico no enderezo cultura@oporrino.org. A partir do venres 21 e ata o xoves 27. A primeira destas visitas terá lugar o vindeiro sábado 29 de maio.

 

Coa colocación dunha coroa de dalias brancas e loureiro no cemiterio municipal ante a tumba de Palacios, o Concello do Porriño comezou o pasado 27 de outubro os actos do "Ano Arquitecto Antonio Palacios" coa ocasión do 75 aniversario do seu pasamento. O Concello elaborou unha programación que se estenderá ata o 27 de outubro de 2021 e reunirá unha serie de actos e actividades culturais para divulgar a obra do recoñecido arquitecto porriñés.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.