GALICIA
A Xunta forma en comercio electrónico a mulleres emprendedoras
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou a iniciativa Feminino é dixital que forma parte do programa Autónomos Dixitais co que a Xunta busca mellorar o grao de dixitalización dos traballadores por conta propia e brindarlles unha oportunidade para emprender ou reemprender
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, presentou recentemente ás principais asociacións de mulleres autónomas, empresarias e mentoras de Galicia a iniciativa Feminino é dixital que forma parte do programa Autónomos Dixitais co que a Xunta formará en comercio electrónico ata finais de xuño e de xeito gratuíto a 1.200 traballadores e traballadoras por conta propia e aqueles que perderan o seu negocio como consecuencia da covid-19 e estean en situación de baixa no réxime de autónomos.
No webinario, Lado destacou a importancia de adaptarse o antes posible á nova era dixital e dar resposta aos novos perfís profesionais relacionados co marketing, a analítica dixital ou o e-commerce que o mercado laboral vén demandando, con máis intensidade desde que comezou a pandemia, indicando, neste senso, que a Xunta, por iso, está apostando “por unha formación sen fronteiras que permita ter unha visión global do mercado”. Apuntou, ademais, que o e-commerce adquiriu moita importancia ao longo da pandemia, nacendo novos hábitos na compra de produtos.
Lado incidiu en que a iniciativa non só está dirixida aos autónomas dadas de alta, senón tamén a aquelas que tiveron que pechar os seus negocios como consecuencia da pandemia co obxectivo de que teñan acceso a unha segunda oportunidade a través da dixitalización. A formación, ademais de gratuíta, é flexible e adaptable aos horarios de preferencia. Impártese a través dunha aula dixital e conta con titorización persoal.
Feminino é dixital, que comezará o próximo 26 de maio, forma parte do programa Autónomos Dixitais que este ano diríxese a catro perfís: ademais das mulleres, á mocidade (menores de 30 anos); persoas entre 31 e 44 anos; e maiores de 45 anos. Para cada un deses catro perfís impartiranse dous cursos en formato dixital: un básico sobre fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico; e un avanzado, de especialista en e-commerce.
Impartiranse dous tipos de cursos, un básico e outro de especialización, dirixidos a catro perfís: ás mulleres sumaranse os menores de 30 anos, persoas entre 31 e 44 anos e maiores de 45
Cada curso consta de 50 horas de formación e ao remate os alumnos e alumnas recibirán un diploma de aproveitamento avalado pola Xunta. As persoas interesadas en participar nos cursos poden solicitar a súa praza a través da páxina web www.autonomosdixitais.com, do mail info@autonomosdixitais.com e da páxina da Oficina do Autónomo da Xunta, www.oficinadoautonomo.gal.
Dous cursos
O primeiro dos cursos, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico, centrarase en coñecer os conceptos básicos e aspectos xurídicos do e-commerce, adquirir nocións básicas sobre márketing dixital, promoción e ferramentas 2.0 en Internet e identificar canles de comercialización e distribución.
Na acción formativa avanzada, de Especialista en e-commerce, dirixida a persoas con experiencia profesional na materia ou formación previa, coñeceranse as opcións de financiamento de proxectos de comercio electrónico, como elaborar un plan de márketing online, afondarase en aspectos como a protección de datos, seguridade ou medios de pagamento dispoñibles, crearse e xestionarase unha tenda online con Prestashop e darase formación en xestión de datos, provedores e loxística de envío.
Os obxectivos principais do programa son mellorar o grao de dixitalización das persoas traballadoras autónomas de Galicia e brindarlles a oportunidade de reposicionar o seu negocio reemprendelo e/ou emprendelo. Do que se trata é de reforzar o tecido empresarial galego e, por iso, esta iniciativa enmárcase nas medidas específicas que está a adoptar a Xunta para facer fronte á covid-19.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217