Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 24 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
OIA

Oia ofrece 3 prazas de condutor de motobomba

O Concello de Oia abre o proceso para a selección de 3 postos de traballo para condutor/a do vehículo motobomba municipal. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica este anuncio, informando de que se abre un prazo de 5 días hábiles a partir de mañá para a presentación de candidaturas.

 

Trátase de postos de persoal laboral temporal por un período de 3 meses e en réxime de xornada completa. Cos aspirantes que se presenten elaborarase unha bolsa de emprego para cubrir posibles vacantes, ausencias ou baixas.

 

O procedemento de selección será mediante concurso-oposición, con probas de coñecementos teóricos, prácticos e de aptitude física.

 

As bases da convocatoria con todos os requisitos, información, prazos e o modelo de instancia poden consultarse na sede electrónica do Concello de Oia (tanto no taboleiro de anuncios como no portal de transparencia), na seguinte ligazón.

 

Estas contratacións realízanse en virtude do convenio e addenda asinadas entre o Concello e a Consellería de Medio Rural, polo que o departamento autonómico concede fondos a Oia para a contratación de 3 persoas para o posto de condutor/a de motobomba.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.