Viernes, 03 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 03 de Abril de 2026 a las 08:59:38 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Os maiores de Tomiño recomendan “traballo, educación e respecto” ás xeracións novas

A campaña foi pensada para difundila, sobre todo, nas redes sociais co obxectivo de promover a interrelación entre a mocidade e outros grupos de idade

[Img #69433]Tomiño quere por en valor a sabedoría dos seus maiores e promover na mocidade un cambio de actitude cara á mal chamada terceira idade. A oficina municipal da información xuvenil (OMIX) desenvolveu unha campaña coa participación das persoas usuarias de dous dos centros que hai na vila: "Centro Siempre Cuidándote" (parroquia de Sobrada) e Centro de Día (barrio da Rocha).

 

"Dende a OMIX de Tomiño, servizo dirixido á mocidade de 12 a 35 anos, queremos facilitar información positiva sobre a xente maior, favorecendo o seu protagonismo en actividades sociais e fomentando a relación interxeracional; queremos tamén conseguir mellorar a autoimaxe dos maiores, fomentar as súas relacións sociais e a súa calidade de vida, e incluso levar á mocidade a pensar sobre a súa propia vellez", explican desde a oficina, agradecendo especialmente a colaboración das educadoras sociais das entidades participantes.

 

[Img #69435]A campaña foi pensada para difundila, sobre todo, nas redes sociais co obxectivo de promover a interrelación entre mocidade e persoas maiores institucionalizadas, cun nivel de deterioro leve ou moderado.

 

"Os nosos e as nosas maiores creceron nun mundo que é diferente ao noso, pero existen sentimentos esenciais e universais que permanecen. Por que non preguntarlles e escoitarlles, entón? As persoas anciás son unha gran fonte de coñecemento, baseada nas experiencias vividas. A mocidade que saiba aproveitar isto, accederá a unha chea de coñecementos", comentan os organizadores.

 

[Img #69436]No proxecto participaron máis de 20 persoas maiores que escribiron frases dirixidas á mocidade, con recomendacións, suxestións e consellos para aproveitar máis e mellor a vida; estudar, coidarse e desfrutar.

 

"Que traballen moito e sexan educados e boas persoas", di Juana Vieira, 95 anos, na súa carta. Margarita Conde (84 anos), en cambio, recomenda "estudar para ter un futuro mellor e formar un fogar de respecto, traballo, saúde e bos modais".

 

Que sexan humildes, que aforren cartos e que se divirtan coa mascarilla, son outros dos sabios consellos que as avoas e avós de Tomiño fan chegar á mocidade. Luz (87anos) desexa aos mozos e mozas que "teñades unha persoa que vos coide cando sexades maiores".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.