Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 28 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello vende unha parcela municipal á empresa “Iberembal”

Eva García, alcaldesa do Porriño firmou esta semana con Enrique Mastral, director xeral da empresa “MassilIy Ibérica Iberembal”, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construir unha fábrica no termo municipal.


O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localizase no PPI 7, na parroquia de Budiño.  A firma compradora vai construir unha factoría de envases metálicos para conservas alimenticias.


O director xeral da firma manifestou que “temos en marcha un importante proxecto de futuro para o seu desenvolvemento nos mercados de Galicia e Portugal”.


“Massilly Ibérica IBEREMBAL” fora a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.


A operación é por un importe de 960.000 euros (máis IVE) o que suporá un ingreso moi importante para a tesorería municipal que “se destinará a diversos investimentos no concello para a mellora da calidade de vida da veciñanza”, manifestou a alcaldesa, Eva Garcia ao remate da firma.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.