Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 25 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos ofrece 6 cursos on line gratuítos para emprendedores, autónomos e PEMES

Os interesados en participar poden inscribirse na ligazón https://mos.portalemp.com

[Img #69466]O Concello de Mos desde a súa Axencia de Colocación organiza unha serie de obradoiros on line. Trátanse de talleres organizados pola administración local mosense en colaboración coa Fundación Cibervoluntari@s a desenvolver durante o vindeiro mes de xuño.

 

Son talleres de nivel intermedio dirixidos a todas aquelas persoas que queiran proxectar a súa marca persoal, innovación, proxecto emprendedor ou proxecto empresarial a través do márketing dixital. Os interesados en participar poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://mos.portalemp.com

 

O programa no que se enmarcan estes obradoiros denomínase IniciaTIC e ten como obxectivos paliar a situación de vulnerabilidade dixital que viven moitas persoas emprendedoras, autónomas, PEMES, e axentes da economía social, e que se puxo en especial evidencia a raíz da COVID-19. Apoiar e impulsar a dixitalización dos devanditos axentes para mellorar a súa competitividade. E facilitar a adaptación da actividade económica a través de procedementos de dixitalización básica a escearios cambiantes provocados pola COVID-19.

 

Desde o Concello de Mos ofértanse dentro deste programa un total de 6 cursos on line totalmente gratuítos: comercio electrónico o 7 de xuño de 19 a 20.30 horas, ferramentas de comunicación e xestión o 9 de xuño de 19 a 20.30 horas, administración electrónica o 15 de xuño de 19 a 20.30 horas, márketing dixital o 16 de xuño de 19 a 20.30 horas, ciberseguridade o 21 de xuño de 19 a 20.30 horas, e Big Data o 23 de xuño 19 a 20.30 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.