GALICIA
Fabiola García pide ao Goberno central fondos para atender aos menores non acompañados de Ceuta
A conselleira de Política Social participou por videoconferencia no Consello Territorial de Servizos Sociais
A conselleira de Política Social, Fabiola García, quen participou esta semana nunha reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais, instou o Goberno central a concretar cando enviará os fondos ás comunidades autónomas para poder ofrecer unha atención axeitada aos menores non acompañados que recibirán da Cidade Autónoma de Ceuta.
A conselleira confirmou, tal e como se adiantou a semana pasada, que Galicia “é unha comunidade solidaria” e aceptará os 20 menores que o Executivo central lle asignou. Porén, mostrou a súa preocupación por atendelos “coa máxima dignidade”, polo que solicitou á ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, que comunique ás comunidades autónomas os prazos de chegada tanto dos menores non acompañados como da achega necesaria para garantir a súa atención, aloxamento e tutela.
Confirma que Galicia “é unha comunidade solidaria” e que aceptará os 20 menores asignados polo Goberno
Fabiola García cuestionou a “improvisada” xestión da crise que fixo o Goberno central, así como o criterio empregado para a distribución dos menores non acompañados. Ademais, a titular de Política Social pediu garantías de que se habilitan mecanismos consensuados e duradeiros, tanto a nivel social como fronteirizo e de política exterior, para que esta situación non se volva repetir.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116