TURISMO
Activada a credencial dixital do peregrino
A medida encádrase no marco da dixitalización que está a desenvolver a Oficina do Peregrino
O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino acolleu recentementea posta en marcha oficial da Credencial Dixital do Peregrino, unha aplicación móbil que permitirá aos peregrinos portar no seu dispositivo electrónico a súa credencial do Camiño de Santiago, coa que certificar a súa peregrinación e obter a Compostela mediante o escaneo de códigos QR que atoparán en diferentes puntos do seu itinerario como parroquias e albergues.
A presentación tivo lugar a semana pasada nun acto no que participaron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director de la Fundación Catedral, Daniel Lorenzo e o delegado de peregrinacións da Catedral de Santiago, Segundo Pérez. Castro destacou que esta nova ferramenta encádrase no proceso de mellorar a experiencia do peregrino a través da posta en marcha de “iniciativas como esta que se encadran no proceso de dixitalización e implantación dun camiño seguro”.
A directora de Turismo de Galicia destacou na presentación que a ferramenta permite avanzar nun camiño máis dixitalizado e seguro
Todos os participantes no acto coincidiron en destacar que a app non substitúe á credencial tradicional, senón que a complementa, co obxectivo de mellorar a experiencia da peregrinación no que atinxe a evitar contactos interpersoais non imprescindibles e axilizar os selados.
Axilización da retirada da Compostela
Ademais, a aplicación, que xa está dispoñible para a súa descarga para dispositivos Android e iOs e en diferentes idiomas, permite coñecer con antelación o fluxo de camiñantes que chega á Oficina do peregrino, o que axudará a mellorar a atención e o fluxo de peregrinos que se dan cita para recoller a Compostela, evitando colas.
Esta nova ferramenta enmárcase no proceso de transformación dixital da Oficina do Peregrino que tamén puxo en marcha recentemente un sistema de rexistro online, que permite que o peregrino introduza con antelación os datos necesarios para a obtención da Compostela, evitando a manipulación de papel. En todo este proceso a S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela conta co apoio do Goberno galego a través, entre outros acordos, do convenio para o mantemento do Centro internacional de acollida aos peregrinos que depende directamente da Catedral.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116