GALICIA
O ISSGA formará a traballadores forestais no manexo seguro de motoserras e rozadoiras
    
    O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) organiza seis cursos de 15 horas en concellos con alta produción forestal
	
        O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, está a reforzar a oferta formativa para persoas traballadoras e estudantes das ramas da xardinería e do sector forestal no uso seguro da maquinaria que se emprega nas tarefas desenvolvidas no monte, coa finalidade de reducir a sinistralidade nos concellos con maior presenza de actividade forestal.  
O centro de Formación profesional da rama agraria de Lourizán acolle esta semana o segundo dos cursos de prevención de riscos laborais -o primeiro celebrouse neste recinto os pasados 24, 25 e 26 de maio- para o manexo seguro da motoserra e da rozadoira, dúas das máquinas que ocasionan maior sinistralidade no sector. Cada unha destas actividades ten unha duración de 15 horas e un máximo de 10 alumnos para garantir as condicións de seguridade e de distancia interpersoal que estes instrumentos requiren.
No mes de setembro, a Xunta impartirá outros catro cursos sobre a materia en concellos con alta produción forestal e por criterio de sinistralidade. Así ofertarase formación a traballadores en activo e estudantes de formación profesional das comarcas da Mariña lucense, Ferrol-Eume-Ortegal, Lugo interior e o noroeste da Coruña.
 
Diríxense a persoas en activo que desenvolven a súa actividade no sector agrario, forestal e de xardinaría e a estudantes de formación profesional
 
Con esta oferta, o Goberno galego está proporcionar formación específica en materia de prevención de riscos coa finalidade de que os traballadores actuais das actividades de silvicultura, forestal e xardinería, e os alumnos en formación acaden habilidades no uso seguro da maquinaria e de cara a tala de árbores.
A formación diríxese a un sector estratéxico da economía galega e pretende sensibilizar ao persoal en materia preventiva, ampliando as súas capacidades e favorecendo a aprendizaxe continua sobre a materia.
Todos estes cursos son gratuítos e facilitan ao alumnado os equipos de protección individual (EPI) necesarios para o seu desenvolvemento.
Os contidos de cada un deles foi consensuado no marco do grupo de traballo contra a sinistralidade laboral do Issga e postos en coñecemento do equipo técnico do ámbito forestal co obxecto de dar resposta ás necesidades das empresas e das persoas traballadoras do sector en materia preventiva.
 
Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170