PROVINCIA
O servizo de extinción de incendios e de salvamento xa é cen por cen público na Provincia
Entra en vigor o novo modelo aprobado polo Consorcio Provincial que realizará a xestión directa como forma máis sostible e eficiente da prestación do servizo
O servizo de extinción de incendios e de salvamento que presta o Consorcio Provincial, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia, é desde o 1 de xuño, 100% público. Esta medianoite pasada entrou en vigor o pase á xestión directa da prestación do Servizo culminando así o laborioso proceso que desemboca no cambio de modelo que, como reflectiu a Memoria que regulou os aspectos sociais, xurídicos, económicos, técnicos e financeiros, é o máis sostible e eficiente.
Así, a xestión dun servizo esencial para a cidadanía como é o salvamento e a extinción de incendios volve ser pública, co que a Deputación cumpre co compromiso que fixo no seu día á parte social, xa que o modelo directo supón a subrogación do persoal operativo que traballa nos catro parques do Consorcio: O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía. Desde as 00.00 h de hoxe pasou a ser persoal indefinido non fixo, ata que se cubran as prazas para a súa cobertura definitiva, e sigue a gozar das mesmas condicións nas que traballaba coa xestión indirecta ao través da empresa Matinsa.
A presidenta, Carmela Silva, expresou o seu recoñecemento aos equipos por un “traballo moi complexo e laborioso” para levar a cabo con éxito o proceso, e subliñou o “enorme esforzo que se realizou para poder cumprir co procedemento en tempo en forma”.
O orzamento 2021 do Consorcio Provincial e a adaptación do cadro de persoal e retribucións para este exercicio xa foron adaptados á nova situación de xestión directa, despois de que o pleno da Deputación dera luz verde á necesaria modificación de crédito para a súa tramitación dentro do Orzamento Xeral da institución, proceso que finalizou este pasado luns coa súa publicación no BOPPO.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163