DEPORTES
A Deputación apoia os Campionatos Galegos de Tenis de Mesa
Esta fin de semana danse cita no Pavillón Príncipe Felipe máis de 200 persoas grazas á organización do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro
O Pazo Provincial acolleu a presentación dos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa, que terán lugar os días 5 e 6 de xuño no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra. Nestas instalacións provinciais máis de 200 persoas disputarán os Campionatos Galegos Prebenxamín, Alevín, Infantil, Sub23 e de Persoas con diversidade funcional 2021 cun estrito protocolo antiCOVID19. O evento chega coa organización do Club de Tenis de Mesa Monte Porreiro, un equipo que está de parabéns posto que ven de selar a súa permanencia por cuarto ano consecutivo na máxima categoría masculina.
O deputado de Deportes, Gorka Gómez, aproveitou a ocasión para subliñar os éxitos do deporte pontevedrés na pasada fin de semana en varias disciplinas. Na súa quenda de palabra falou tamén da necesidade de fomentar o deporte feminino e tachou de “escandalosa” a fenda salarial que existe en moitas disciplinas. Deixou claro que “dende as Administracións temos que intentar apostar polo deporte feminino con políticas que avancen cara a igualdade”, neste senso puxo como exemplo a práctica da Deputación, que igualou as achegas ao deporte masculino e feminino. Resaltou tamén a importancia do deporte inclusivo “unha palabra que moitas veces non se valora” pero que tamén se pon de manifesto nas políticas do ente provincial que busca que “todo o mundo poida facer deporte en igualdade de condicións”. O valor do tenis de mesa nestes eidos levouno a considerar este Campionato Galego como unha festa da igualdade e a inclusión.
Ademais, o deputado destacou a necesidade de apostar por “eventos deportivos de calidade, que xeren sinerxias entre turismo, deporte e economía” e puxo en valor o “esforzo desinteresado de clubs, federacións, administracións e moitísima xente que colaborou de forma altruísta para ofrecer o deporte á cidadanía”. En definitiva, para Gorka Gómez falar de deporte é facelo de “equipo, inclusión e igualdade, uns valores cos que se debe educar á rapazada”.
Fernando Álvarez, director deportivo do Club Tenis de Mesa Monte Porreiro, subliñou que “o tenis de mesa é un dos deportes máis integradores do mundo xa que non hai moitos deportes nos que as ligas territoriais sexan mixtas, non importe a idade das persoas xogadoras e as persoas con diversidade funcional participen en igualdade de condicións”. O director deportivo do club agradeceu á Deputación “que aposte seriamente por nós en tempos moi complicados” e cualificou este Campionato como “espectacular”. Á presentación tamén acudiu Noa Bernárdez, capitana do Equipo de División de Honra Feminina, quen centrou a súa intervención no deporte feminino e en particular na presenza da muller no tenis de mesa. Bernárdez falou da súa experiencia en diversos deportes e subliñou que “o tenis de mesa é o deporte con máis igualdade, tanto de xénero coma de idade”.
Jose Luís Cabaleiro, presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, afirmou que estes campionatos “van poñer o broche final a unha temporada atípica, ilusionante e na que con moito esforzo conseguimos, investindo en seguridade, dar a coñecer que o tenis de mesa é un deporte seguro”. Cabaleiro presentou tamén o novo logotipo da Federación, que substitúe ao que se levaba empregando dende 1988, e definiuno como “integrador, moderno e novidoso”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163