Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 06 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP "desconfía" que ReacPon sexa "para concellos gobernados por PSOE e BNG"

Cubela: “Nin haberá cohesión territorial, nin loita contra o despoboamento nin igualdade, porque hai concellos que teñen a información desde decembro e xa adiantaron traballo para conseguir eses proxectos maduros”

O Partido Popular desconfía en que o novo plan de investimentos da Deputación de Pontevedra, o ReacPon, se converta nun novo Reequilibrio e Deporemse, que entre 2017 e 2018 repartiron 7 de cada 10 euros entre concellos gobernados por PSOE e BNG. Así o sinalou esta semana Jorge Cubela, voceiro do grupo provincial, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polas deputadas Paz Lago e Carmen Amoedo. “É unha oportunidade perdida para todos os concellos. Un plan anticoncellos que deixa fóra a uns poucos”, cualificou.

 

Cubela recordou que, tamén baixo o criterio de proxecto maduro, o mesmo que se utiliza para este novo plan de investimentos, o Bipartito da Deputación de Pontevedra xa repartiu en 2018 e 2019 a maior parte dos seus fondos entre concellos afíns, e que dos 13 concellos que non recibiron nin un só euro con cargo a ese plan, 12 estaban gobernados polo Partido Popular. Ademais, recorda que Sanxenxo recibiu a subvención, pero por mandato xudicial.

 

Así, cos datos na man, Cubela reafirmouse en que o Goberno provincial non pode falar de reactivar a provincia deixando fóra á metade dos concellos. “Nin haberá cohesión territorial, nin loita contra o despoboamento nin igualdade, porque hai concellos que teñen a información desde decembro e xa adiantaron traballo para conseguir eses proxectos maduros, proxectos que xa teñen que estar aprobado polo órgano competente e incluso publicada a licitación. Os concellos que a estas alturas non teñan os permisos sectoriais dificilmente van a chegar”, afirmou.

 

Para os populares, o Goberno provincial recoñece nas bases do ReacPon que o Plan Concellos non é tan bo como o venderon e que é insuficiente, como advertiu o PP en múltiples ocasións. Ademais, din que “sorprende que esta inxección de cartos para, supostamente, reactivar a provincia, unha inxección necesaria e que o PP reclamou en moitas ocasións, non se faga seguindo os criterios que tanto defenderon do Plan Concellos. Si o seu plan estrela é tan bo por que non o aplican tamén neste caso?”. A razón, segundo o popular, é que hai un claro interese detrás. “Os seus concellos están avisado e co traballo adiantado e por iso falar de proxectos maduros é falar dunha falsa obxectividade, porque non se presentan en igualdade de condicións”, continuou. E tamén chamou a atención con que a data tope para rematar os proxectos “sexa co tempo xusto para inaugurar as obras antes das municipais de 2023. Todo moi ben planificado”.

 

Por último, referiuse ao “atrevemento” de Mosquera ao dicir que “todos os alcaldes están de acordo, “cando non se consultou nada con eles”. Neste senso, recorda que “se lles convidou a participar nunha reunión informativa, cando as bases xa estaban anunciadas na prensa, cando xa se someteran a votación no pleno e cando xa non había marxe algunha de decisión”. Por iso, sinala, “cando o Goberno dedica máis tempo da reunión e da rolda de prensa posterior a intentar buscar escusas que a presentar o seu plan, están recoñecendo o evidente, que as críticas do PP son claras e realistas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.