GALICIA
Feijóo salienta que Galicia volve abrirse ao mundo para acoller ao peregrino
O presidente da Xunta acompañou hoxe á S.M. o Rei Felipe VI na inauguración do I Congreso Mundial Xacobeo da Academia Xacobea
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que neste Ano Santo 21-22 Galicia volve abrirse ao mundo para acoller ao peregrino que busca inspiración e acougo.
“Desde a nosa terra volve a alzarse unha bandeira para superar os momentos difíciles. Non nos resignamos a que a crise do coronavirus frustrara a ilusión de tantos peregrinos que queren acudir a este confín para atopar inspiración e acougo. Galicia necesitábaos e eles necesitan a Galicia”, dixo, resaltando que, con este obxectivo, a Comunidade empeñouse en facer desta terra un destino confiable e seguro.
Durante o acto de inauguración do I Congreso Mundial Xacobeo da Academia Xacobea, presidido pola S.M. o Rei Felipe VI, Feijóo quixo recoñecer o esforzo colectivo de todos os galegos que exercen de embaixadores da súa terra e grazas aos cales Galicia volve exercer de anfitrioa.
“Non nos resignamos a que a crise do coronavirus frustrara a ilusión de tantos peregrinos”, di, resaltando que, con este obxectivo, a Comunidade empeñouse en facer desta terra un destino confiable e seguro
“O feliz descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago e o impulso oficial á Ruta Xacobea, non terían sido dabondo sen un pobo que arroupara cos seus valores ao peregrino que se dirixe a Compostela”, abundou, agradecendo tamén a implicación de Felipe VI como Xefe de Estado e como Embaixador Vitalicio do Camiño de Santiago.
“Esa ruta que empezou sendo unha aventura sobre a que pesaba a incredulidade de moitos, imponse como símbolo e realidade que abrazan homes e mulleres de todas as épocas”, afirmou, subliñando que Galicia crea un Camiño polo que poden transitar todos, e no que as amizades se reforzan e as inimizades se dilúen.
Ao longo da súa intervención, o presidente do Executivo autonómico afirmou tamén que a Comunidade se sinte orgullosa de axudar a modelar o mundo desde unha visión humanista. “E, a cambio, o mundo tamén modelou a Galicia, facendo dela unha terra de portas abertas e pontes tendidas cara a todas as culturas”, afirmou, trasladando o desexo de que esa universalidade innata non sexa unha gloria do pasado, senón que forme parte do futuro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.159