Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 17:41:02 horas

Xornal21.es
Lunes, 07 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Illa de San Simón acolle este verán o X San Simón Fiddle

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, reuniuse con Alfonso Franco, director de Galicia Fiddle, entidade organizadora do curso

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse fai uns días co director da asociación cultural Galicia Fiddle para abordar os detalles da décima edición do curso San Simón Fiddle, que acollerá este verán a Illa de San Simón. O espazo redondelán, xestionado pola Xunta de Galicia, será o escenario tamén dun novo encontro Encordass.

 

Nesta ocasión ambos eventos céntranse no intercambio do patrimonio cultural da música tradicional galega e italiana, enmarcada no uso dos instrumentos de corda. Neste sentido, o secretario xeral de Cultura explicou que o obxectivo é “achegar os artistas de diferentes culturas, convertendo a música nunha ferramenta de difusión da nosa cultura e de entendemento e encontro, o que supón tamén un grande enriquecemento persoal e social”. Os dous encontros celebraranse tomando as medidas necesarias para acadar as máximas garantías de seguridade sanitaria.

 

Campamento de formación en violín
San Simon Fiddle é unha actividade dirixida a nenas e nenos entre 7 e 18 anos, un campamento de formación en violín para os rapaces que parten dun previo coñecemento do instrumento, pero aberto tamén á constitución dun grupo de iniciación. Do 5 ao 11 de xullo, poderán mellorar as súas competencias no uso de instrumentos de corda arredor da música tradicional ao tempo que socializan nunha contorna intercultural e diversa. O marco incomparable da Illa de San Simón permitiralles tamén desenvolver a conciencia da importancia do respecto e coidado do medio ambiente e a natureza que nos rodea.

 

 

 

 

O obxectivo é achegar os artistas de diferentes culturas, convertendo a música nunha ferramenta de difusión da nosa cultura e de entendemento e encontro

 

 

 

 

O campamento contará con cursos para a aprendizaxe de novas técnicas musicais, improvisación de ritmos, para a asimilación do repertorio característico da música tradicional galega e italiana, así como obradoiros de baile, canto e traxes tradicionais e outras actividades complementarias de carácter lúdico.

 

Intercambio musical con Italia
Pola súa parte, Encordass celebrarase do 2 ao 5 de xullo, constituíndo un encontro entres os músicos integrantes da asociación cultural Galicia Fiddle e varios artistas convidados, como Rémy e Vicent Boniface, Sergio Caputo, Francesco Busso, Ilio Amisano e Marta Roma.

 

Durante as xornadas, os participantes traballarán de xeito conxunto temas tradicionais de Galicia e Italia, descubrindo as características dos instrumentos e técnicas, o que lles permitirá tanto atopar as semellanzas como afondar nas distintas sensibilidades. As actividades completaranse con talleres de baile impartidos por expertos de Balfolk, un movemento no que músicos e bailaríns se reúnen nun espazo para a celebración e o intercambio musical, social e cultural.

 

O domingo 4 de xullo, como remate do curso, celebrarase un concerto no que participará todo o alumnado, así coma os mestres invitados, e que será retransmitido online.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.