Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Viernes, 04 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva participa no “Digital Tourist” de Benidorm

A presidenta destacou no Congreso o avanzado modelo provincial. “Levamos tres anos impulsando actuacións no eido da dixitalización e dotando de ferramentas tecnolóxicas ao sector turístico da provincia”

“Se queremos ser máis competitivas e competitivos e promover a pronta recuperación da actividade turística, e máis neste contexto, precisamos apostar pola dixitalización e as novas tecnoloxías. Non son o futuro senón o presente”. Así o asegurou esta tarde Carmela Silva en Benidorm durante a primeira xornada do Congreso “Digital Tourist”, que se estenderá ata mañá venres para debater sobre a intelixencia artificial como garantía de sustentabilidade turística e a súa utilidade para as Smart Offices; sobre o turismo intelixente e modelos de negocio sustentables, a tecnoloxía nos novos produtos turísticos, o plan de recuperación e resiliencia, os plans de sustentabilidade turística e os ODS no turismo dixital.  A cita, na que participou o secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, reúne a autoridades do Estado, representantes da Organización Mundial do Turismo e das máis importantes empresas do sector privado.

 

Carmela Silva participou na mesa de debate “Dixitalización do comercio turístico: reconstrución do sector” xunto á concelleira de Innovación de Benidorm, Aida García; o CEO de Pecunpay, Antonio García; o vicepresidente de Government Engagement de Mastercard, Daniel Nieto; e o director do centro SPEC de Cibernos, Emilio Herrera. A Presidenta sinalou que “na Deputación tiñamos moi claro desde que chegamos ao goberno cal debía de ser o noso modelo e levamos desde 2016, coa creación de SmartPeme, mentorizando e apoiando ás pemes e ás persoas emprendendoras, impulsando actuacións no eido da dixitalización e coa dotación de ferramentas TIC”. Así, a presidenta detallou a atención a 6.363 empresas, os 10.210 asesoramentos do persoal de SmartPeme e as 1.662 actividades nas que participaron 17.157 persoas. Tamén puxo en valor Turistic, a carteira dirixida ao sector cara a mellorar a eficiencia e produtividade mediante a capacitación tecnolóxica. Destacou actividades como a Xornada Turistic, os premios ao Talento Turístico, o reto Hackaton, ou a aceleradora do sector na que xa participaron 20 empresas da provincia.

 

Carmela Silva incidiu no gran reto no que traballa a Deputación: “queremos que o noso destino sexa o primeiro territorio intelixente certificado. Así o temos contemplado no noso novo Plan Estratéxico, que prevé dez programas entre os que se atopa a capacitación, a vixilancia competitiva e intelixencia turística e a sustentabilidade”. Para elo, afondou no proxecto “Tourist Inside” que, dotado con 1,9 millóns de euros, está a permitir avanzar na transformación da provincia como Destino Turístico Intelixente, “algo que espero que conseguiremos xa a finais de ano”. A través deste programa, tamén se están a transformar dixitalmente as oficinas de turismo da Red Info Rías Baixas, así como a implantar servizos, dixitalizar o territorio mediante equipamento TIC, facilitar ferramentas ao sector e implantar unha plataforma de interoperabilidade. Fixo fincapé no reforzo realizado na intensificación do impulso da dixitalización durante a pandemia, “ao entender que impoñía unha nova realidade”, e destacou os obradoiros online orientados á comercialización, á ciberseguridade, ao posicionamento SEO, así como a primeira aceleradora de comercio e a formación online das 300 empresas que forman parte do SICTED, para avanzar na mellora continua da calidade.

 

A presidenta puxo en valor o papel “crucial” que xogaron as entidades locais durante a pandemia e, por elo, significou que “son administracións que están sobradamente preparadas para executar con eficacia os fondos Next Generation”. “Amais, engadiu, os recursos deben destinarse a transformar e a reactivación debe chegar aos pequenos concellos ao través das deputacións porque durante a crise xa demostramos a nosa eficiencia para facelo”. Carmela Silva mostrou o seu optimismo cara á recuperación do turismo. “Está a ser moi duro pero estamos saíndo do túnel e este país ten preparación, coñecemento, ilusión, forza e talento para conseguilo”.

 

Na mesa moderada polo presidente da Comisión de AMETIC, Alfonso Borrero, tamén se abordaron cuestións como o binomio turismo-comercio e de como pode contribuír a paliar unha das debilidades dos destinos litorais: a estacionalidade. Amais, puxeron en valor a colaboración pública-privada e a importancia da tecnoloxía para mellorar a oferta turística e comercial, adaptándoa ao gusto de potenciais visitantes, facéndoa máis accesible e segura.

 

Amais do “Digital Tourism”, a axenda en Benidorm da presidenta incluíu a súa presenza na comisión executiva e na comisión plenaria da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.