Domingo, 05 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 04 de Abril de 2026 a las 10:00:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 10 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A nova vida de “Eko” e “Mía”, dous dos máis de 300 animais adoptados este ano

Dúas adoptantes de Ribeira e Vigo relatan o seu testemuño tras levarse á súa casa un can e unha cadela: “Rescatar un ‘peludo é facer un rescate mutuo e coidar a quen te coida debería ser un mandamento”

Inmaculada Fernández e Alba Rodríguez son dúas das máis de 200 persoas da comunidade que neste 2021 apostaron por levarse ao seu fogar animais do CAAN da Deputación de Pontevedra. A primeira, residente en Vigo, adoptou a “Mía” o pasado 12 de abril, mentres que Alba, que vive en Ribeira, levouse consigo a “Eko” o 18 de maio. A pesares do curto período de tempo transcorrido, ambas coinciden en que xa son inseparables dos seus novos compañeiros de vida e así o manifestaron nas mensaxes de agradecemento e recoñecemento que enviaron ao CAAN, nas que contan a nova andaina destes animais.

 

Alba escribiu para falar do ben que se está a adaptar “Eko”. Conta que xa tiña unha cadela adoptada, “Inca”, e foi precisamente ela a que “elixiu” ao seu novo compañeiro de xogos cando Alba e ela visitaron o centro da Deputación, cuxa referencia chegoulle a través das redes sociais. “Estaba tranquilamente tombado no canil e comprobamos que á nosa cadela era o que máis lle gustaba –conta a ribeirense-. Así que decidimos que ía ser el”. Esperaron unha semana xa que acababa de ser esterilizado e Alba sinala que o proceso produciulle á vez “felicidade e tristeza”: “felicidade porque tiña a oportunidade  de sumar un membro á familia e tristeza porque todos e todas se merecen un fogar onde os queiran e os coiden para sempre”.  Engade que “Eko” acostumouse ao seu novo fogar enseguida: “Adaptouse perfectamente, amosaba cercanía e moi bo carácter –explica-. A miña parella e máis eu estamos encantados coa decisión que tomamos e de telo con nós. En realidade, rescatar a un ‘peludo’ é facer un rescate mutuo e coidar a quen te coida debería ser un mandamento. Eles che van coidar incluso mellor que ti a eles”.

 

Alba recomenda plenamente a adopción e, amais de sinalar que os trámites no CAAN son moi sinxelos e os animais saen esterilizados e vacinados, comenta que adoptar un can ou cadela adultos “é unha experiencia moito máis agradecida e enriquecedora que facelo cun cachorro. Os animais de máis idade teñen coñecido o abandono e seguramente haxan vivido experiencias de malos tratos e lles custe poder confiar nas persoas de novo”. “Adoptar é unha grande responsabilidade, pero paga a pena, os animais agradéceno diariamente e acaban sendo un complemento imprescindible da nosa felicidade –apunta-. E creo que a forma máis adecuada de facelo é a través dunha protectora ou centro e elixíndoo polo carácter que creas que máis te complemente”.

 

Para Inmaculada Fernández, de Vigo, a de “Mía” é a súa primeira adopción. Foi escribir en Internet “adoptar un can” e saíulle a referencia do CAAN, de xeito que tras revisar a súa web tiña en mente levarse un animal que non era “Coca”, pero todo cambiou en canto a tivo entre as súas mans. “Eu quería un can pequeno, tamaño gato, porque precisamente teño gato –sinala-, e na foto da web parecíame que tiña cara de mala leite. Pero cando ma trouxeron, dixen ‘é Mía’. Era pequena, preciosa, e estaba moi asustadiña. É realmente un amor. Nunca coñecera a unha cadeliña tan boa e agarimosa. Estou moi satisfeita de dar o paso da adopción e se puidera levaríame algún máis do centro”.

 

 

 

 

O Centro de Acollida e Protección acadou esta semana as 302 adopcións, cun incremento do 75% respecto ao mesmo período do 2020

 

 

 

 

A cadela ten cinco anos de idade, porque Inmaculada tamén tiña claro que quería un animal adulto. “Quería unha avoa, porque os adultos teñen máis difícil a adopción –indicou- e por iso quería sacar do centro a un can ou cadela maior”. Nunha mensaxe remitida ao CAAN, Inmaculada conta que aínda que “Mía” ten algo de medo, especialmente cando camiña pola cidade, está a adaptarse moi ben “e está moi feliz en contenta, sobre todo cando a levamos a pasear polo campo”. “Pero na cidade, cando por exemplo pasamos diante dunha terraza dunha cafetería, quédase petrificada no chan –engade-. Ten medo sobre todo aos homes adultos pero espero que vaia recuperándose e en tan só mes e medio os avances son moitos”. Inmaculada tamén amosa o seu recoñecemento á labor desenvolvida desde o centro, e destaca o feito de que “o animal chega desparasitado, esterilizado e vacinado”. “Ogallá máis xente se anime a adoptar en lugar de mercar unha mascota –conclúe-. Hai moitos animais esperando a que alguén lles queira”.

 

Balance adopcións 2021
Coa saída esta pasada semana de “Arco”, “Linda”, “Felipe” e “Calcetines” cara ao seu novo fogar na Estrada, o Centro de Acollida  ten superado xa as 300 adopcións no que vai deste 2021. A  cifra supón un incremento do 75% respecto ao mesmo período do 2020 (en que se levaban 172) e con este excepcional ritmo o centro vai camiño de superar amplamente o récord de adopcións no centro conseguido o pasado ano, en que se rexistraron 583.

 

Das 302 adopcións que se tramitaron desde xaneiro, unha foi desde Portugal e o resto en España. A maioría producíronse en Galicia (260), seguida de Castela e León (28) e o resto repartíronse entre as comunidades de Madrid (5), Cataluña (3), País Vasco (3), Estremadura (1) e Castela a Mancha (1). Das galegas, a meirande parte, un total de 225, tramitáronse na provincia de Pontevedra, mentres que outros 19 viaxaron cara a Lugo, 10 á provincia da Coruña e 6 a Ourense. Ata agora o concello con máis adopcións na provincia foi Vigo (46), seguido da Estrada (29) e de Pontevedra (26). Outros municipios cun gran número de adopcións foron Meis (13), Poio (10), Vilagarcía (9) ou Sanxenxo (8).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.