Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta incorpora 12 ciclos e 346 prazas novas á oferta de FP da Provincia de Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica a relación de ciclos onde se poderá solicitar praza a partir do 25 de xuño

A Xunta publica  no Diario Oficial de Galicia (DOG) a oferta de ciclos de Formación Profesional nos réximes ordinario e modular para persoas adultas –presencial e a distancia– para o curso 2021/2022, que recolle 12 ciclos e 346 prazas novas na provincia de Pontevedra.

 

Deles, un é un ciclo de nova implantación, é dicir, que se oferta por primeira vez en Galicia e na provincia: o de grao medio en Guía no medio natural e de tempo libre. O alumnado poderá cursalo na provincia nos institutos de Poio, Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda)e Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar).

 

Deste xeito, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade oferta nos réximes ordinario e modular para adultos nos centros públicos da provincia de Pontevedra 9.683 prazas en primeiro curso en centros públicos (en números moi similares ao curso anterior), en 380 ciclos e programas formativos autorizados. Delas, 7.044 forman parte do réxime ordinario –2.727 en grao medio, 3.003 en grao superior, 1.134 en FP Básica e 180 en programas formativos para persoas con necesidades específicas de atención educativa–, mentres que outras 1.689 son do réxime modular para persoas adultas –738 grao medio e 951 en grao superior–, e 950 do réxime modular a distancia –200 en grao medio e 750 en grao superior–.

 

A modificación da oferta nace dun proceso de diálogo coa comunidade educativa, no que as peticións foron analizadas pola Inspección educativa dos centros, tendo en conta a oferta global de Galicia en cada ciclo, a demanda do alumnado, a inserción de cada ciclo e as necesidades do tecido produtivo.

 

Modificacións
Ademais das titulacións de nova implantación, como é habitual a oferta de FP flutúa para adaptarse ás necesidades do tecido produtivo e ás características da poboación de cada zona, o que supón unha oportunidade laboral para os titulados. Deste xeito, o novo mapa contempla cambios en diferentes centros, a maiores das novas incorporacións en materia de FP Dual.

 

Os cambios na provincia son os indicados no seguinte cadro:

Réxime e modalidade

Concello

Centro

Grao

Ciclo

Cambio

Ordinario

Ponteareas

IES do Barral

Básico 

Informática de oficina

Supresión  

Ordinario

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Básico

Informática de oficina

Incorporación 

Ordinario

Tui

IES Indalecio Pérez Tizón

Básico

Informática de oficina

Incorporación

Ordinario

O Grove

IES Monte da Vila

Básico 

Servizos administrativos por Informática de oficina

Cambio 

Ordinario

Redondela 

IES Pedro Floriani

Básico 

Servizos administrativos por Informática de oficina

Cambio 

Ordinario

Moaña

IES Plurilingüe A Paralaia

Básico

Servizos administrativos por Informática de oficina

Cambio 

Ordinario

Poio 

IES de Poio

Medio 

Condución de actividades físico-deportivas  por Guía no medio natural e de tempo libre

Cambio. Transformación de ciclo LOXSE a ciclo LOE

Ordinario 

Lalín

IES Laxeiro

Medio 

Instalacións eléctricas e automáticas

Supresión 

Ordinario

Silleda

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Medio

Condución de actividades físico-deportivas  por Guía no medio natural e de tempo libre

Cambio. Transformación de ciclo LOXSE a ciclo LOE 

Ordinario

Gondomar

IES Plurilingüe Terra de Turonio

Medio 

Condución de actividades físico-deportivas  por Guía no medio natural e de tempo libre

Cambio. Transformación de ciclo LOXSE a ciclo LOE 

Ordinario 

A Illa de Arousa

IGAFA Instituto Galego de Formación en Acuicultura

Medio

Operación subacuáticas e hiperbáricas

Incorporación

Ordinario

Nigrán

IES Escolas Proval

Superior

Sistemas de telecomunicación e informáticos

Supresión 

Ordinario

Lalín

IES Laxeiro

Superior

Acondicionamento físico

Incorporación 

Adultos presencial

Vigo

IES Ricardo Mella

Medio

Farmacia e parafarmacia 

Incorporación

Pasa de adultos presencial a adultos a distancia

Ponteareas

CIFP A Granxa

Superior

Vitivinicultura

Cambio de modalidade

Adultos presencial

Ponteareas

CIFP A Granxa

Superior

Procesos e calidade na industria alimentaria

Incorporación  

Adultos presencial

Vigo

CIFP Manuel Antonio 

Superior 

Hixiene bucodental

Incorporación

Adultos presencial

Vigo

IES Audiovisual de Vigo

Superior 

Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Incorporación 

Adultos presencial 

Nigrán

IES Escolas Proval

Superior 

Asistencia á dirección

Incorporación

Adultos a distancia

Vigo

IES de Teis

Superior 

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Incorporación

Adultos a distancia

Vigo

IES Ricardo Mella

Superior

Asistencia á dirección

Incorporación

Adultos a distancia

Pontevedra

IES Luis Seoane

Superior

Transporte e loxística

Incorporación

 

Calendario de admisión
O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas –presencial e a distancia– comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 5 de xullo ás 13 h. A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 20 de xullo ás 9 h., ata o 26 de xullo ás 13 h. A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 28 de xullo ás 9 h. ao 30 de xullo ás 13 h.

 

Canto á FP Dual, a presentación de solicitudes será entre o 25 de xuño ás 9 h. e o 2 de xullo ás 13 h. O período de selección por parte da empresa colaboradora e do centro educativo irá do 8 ao 14 de xullo, e as persoas finalmente seleccionadas poderán matricularse do 16 de xullo ás 9 h. ao 23 de xullo ás 13 h.

 

No caso dos másteres de FP, o prazo de presentación de solicitudes irá do 25 de xuño ás 9 h. ao 5 de xullo ás 13 h., e o de matriculación do 20 de xullo ás 9 h. ao 26 de xullo ás 13 h. O calendario detallado pode consultarse no Portal de FP.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.