• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 Actualidad de las Rías Baixas y Galicia

Viernes, 23 de Enero de 2026

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • La Xunta cofinancia un programa de empleo en O Porriño de 275.000 euros para formar a 100 personas

      La Xunta cofinancia un programa de empleo en O Porriño de 275.000 euros para formar a 100 personas

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas presenta en Fitur su Corpus Christi 2026 y el Festival Groba como sellos de identidad cultural

      Ponteareas presenta en Fitur su Corpus Christi 2026 y el Festival Groba como sellos de identidad cultural

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • El VIII Centenario de la Catedral de Tui un motor turístico y de identidad

      El VIII Centenario de la Catedral de Tui un motor turístico y de identidad

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Baiona refuerza su proyección turística en Fitur 2026 con reuniones estratégicas

      Baiona refuerza su proyección turística en Fitur 2026 con reuniones estratégicas

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • La Xunta convocará en febrero ayudas de 3,1 millones para mejorar infraestructuras en polígonos empresariales

      La Xunta convocará en febrero ayudas de 3,1 millones para mejorar infraestructuras en polígonos empresariales

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 Actualidad de las Rías Baixas y Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Miércoles, 09 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
VIGO

A Deputación e a UVigo lanzan a IV Edición do Proxecto Inspira Steam

Carmela Silva: “A sociedade ten que estar moi preocupada polo que está a acontecer coas carreiras STEAM e coas decisións das mozas na elección de carreiras universitarias que van determinar cal vai ser a súa posición no mundo”

“A sociedade  no seu conxunto–asegurou a presidenta Carmela Silva- ten que estar moi preocupada polo que está a acontecer coas carreiras STEAM e coas decisións das mozas na elección de carreiras universitarias que van determinar cal vai ser a súa posición no mundo”. Para reverter esta situación e potenciar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas xurdiu o “transformador” Inspira STEAM, un programa que a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo impulsan dende o 2018, que naceu no 2016 na Universidade de Deusto, e que vén de presentar a súa cuarta edición. A presidenta e a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, fixeron esta mañá tamén balance deste programa acompañadas de mentoras e mentores que debateron sobre a importancia de rachar “con este problema implicándonos todas e todos. É unha responsabilidade social”.

 

A presidenta da Deputación subliñou que “o futuro do mundo vai estar nas mans da innovación e novas tecnoloxías” e “non alcanzaremos a igualdade se as mulleres non se matriculan nas carreiras STEAM, as que van vertebrar a toma de decisións”. Carmela Silva incidiu en que “se somos o 25% das persoas formadas neste ámbito ese é o lugar que ocuparemos” e amosou a súa “seria preocupación” porque “o mundo soamente será bo cando as mulleres ocupemos a metade de todo”. Por este motivo situou a “Inspira STEAM” como “unha resposta a esta situación, un programa moi interesante, fundamental, que inspira para construír unha sociedade mellor, que nace do coñecemento, que chega aos centros educativos para influenciar nas nenas e nenos, mestras e mestres”. Tamén fixo fincapé na necesidade de reflexionar sobre o que acontece ao longo do percorrido vital das nenas, dende o sistema educativo ata os propios libros de texto, con ausencia de referentes femininas, ou os medios de comunicación, onde as mulleres científicas e técnicas seguen a estar invisibilizadas. “Todo isto ten unha capacidade enorme de influencia na toma de decisións das nenas”, asegurou.

 

 

 

 

Natalia Caparrini subliñou que “todas as profesións van demandar perfís tecnolóxicos pero as mozas que estudan carreiras técnicas non chegan de media ao 25%”

 

 

 

 

A vicerreitora da Universidade de Vigo, Natalia Caparrini, ao igual que a presidenta amosou a súa preocupación pola situación das mulleres nas carreiras STEAM. “Todas as profesións do futuro van demandar perfís tecnolóxicos, que son carreiras con maior futuro laboral, cunha demanda que non deixa de medrar –aumentado da orde do 14% fronte ao 3% do resto dos ámbitos- e, sen embargo, o número de mulleres que optan por elas decrece cada ano”. Caparrini asegurou que soamente o 25% das persoas que escollen estudos técnicos son mulleres “e se temos en conta enxeñerías, hai algunhas nas que a porcentaxe é moito menor, como Enxeñería Informática na que non se alcanza nin o 13%”. A vicerreitora, que subliñou que o rendemento académico das mulleres é mellor en 8 de cada 10 títulos, destacou que os motivos desta situación están relacionados coa ausencia de referentes que inspiren ás mozas, cos estereotipos de xénero ou coa súa propia percepción, ao sentir que non teñen cualificación suficiente ou non van ser capaces. “Hai que loitar contra estas cuestións”, destacou e por “iso xorde Inspira STEAM”.

 

O “corazón” do programa son as mentoras, “mulleres que teñen grandes experiencias vitais, coñecementos e están comprometidas con cambiar as cousas e o fan de xeito totalmente voluntario” asegurou a presidenta. Mentoras como Arantxa Sucasas, enxeñeira de Telecomunicacións, Ana Otero, Enxeñeira Industrial e Fernando Jiménez, enxeñeiro de Telecomunicacións, que durante o acto fixeron fincapé na “responsabilidade social” do programa e reivindicaron a súa importancia para paliar “un síntoma dunha sociedade na que o machismo está instaurado e contra o que todas e todos temos que loitar”.  De feito, nas seis sesións que imparten as mentoras/es nos centros educativos afóndase nas STEAM e a súa utilidade pero tamén nos estereotipos de xénero, nos estereotipos nas profesións e nas mulleres referentes STEAM do pasado e do presente.

 

A IV edición de “Inspira STEAM”, que vén de arrancar, ten como principal novidade con respecto ás tres anteriores edicións o lanzamento de vídeos de entre catro e cinco minutos titulados “Queres ser unha muller STEAM?”. A través destes vídeos mulleres profesionais do ámbito da ciencia e da tecnoloxía comparten as súas traxectorias e experiencias. O primeiro, que vén de ser presentado esta mañá, céntrase no grao de Enxeñería de Minas. Amais do vídeo, durante a xornada deuse a coñecer que o 14 de xuño ábrese o prazo para poder inscribirse como mentora, centro ou empresa no programa “Inspira STEAM” e que xa en setembro comezarán as formacións. Tamén se fixeron entrega de diplomas ás mentoras/es e centros educativos participantes na terceira edición da iniciativa.

 

Noticia anterior:
Oito de cada dez establecementos hostaleiros de Vigo recibiron axudas directas da Xunta
Noticia siguiente:
Medio Ambiente emite informe favorable na reordenación do Barrio do Cura en Vigo
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Actualidad

La OCU tramitó cerca de 5.000 reclamaciones contra empresas de mensajería durante 2025

La OCU tramitó cerca de 5.000 reclamaciones contra empresas de mensajería durante 2025

El feísmo: una mirada actual a un fenómeno social y territorial

El feísmo: una mirada actual a un fenómeno social y territorial

Una ingeniera viguesa participa en el principal programa mundial de liderazgo femenino en ciencia celebrado en Tanzania

Una ingeniera viguesa participa en el principal programa mundial de liderazgo femenino en ciencia celebrado en Tanzania

La Agencia Tributaria aún no ha devuelto la renta a casi 400.000 contribuyentes

La Agencia Tributaria aún no ha devuelto la renta a casi 400.000 contribuyentes

Opinión

Vigo, la ciudad que se quedó sin techo

Reseña que algo queda

Año nuevo, problemas recurrentes

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

La Guardia Civil investiga a dos hombres por robo con fuerza y estafa

La Guardia Civil investiga a dos hombres por robo con fuerza y estafa

Accidente en Vigo: tres heridos tras chocar un coche contra una casa

Accidente en Vigo: tres heridos tras chocar un coche contra una casa

La Guardia Civil incauta más de 4.000 latas de bebidas energéticas en Sanxenxo por un etiquetado ilegal

La Guardia Civil incauta más de 4.000 latas de bebidas energéticas en Sanxenxo por un etiquetado ilegal

Un juez archiva la causa por injurias entre dos concejales

Un juez archiva la causa por injurias entre dos concejales

Agenda

Enero 2026
LunMarMieJueVieSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Galicia

La Xunta eleva a alerta roja por temporal costero en la costa de A Coruña y Pontevedra este sábado al mediodía

La Xunta eleva a alerta roja por temporal costero en la costa de A Coruña y Pontevedra este sábado al mediodía

Galicia, segunda región más envejecida de España

Galicia, segunda región más envejecida de España

Provincia

La Diputación de Pontevedra presenta en FITUR la campaña 'Tu meta, tu destino' para potenciar el turismo deportivo

La Diputación de Pontevedra presenta en FITUR la campaña 'Tu meta, tu destino' para potenciar el turismo deportivo

La oferta de las Rías Baixas brilla en Fitur con el foco en Tui, Combarro y el Camino de Inverno

La oferta de las Rías Baixas brilla en Fitur con el foco en Tui, Combarro y el Camino de Inverno

Deportes

Casi 900 atletas cerrarán en Ribadavia los campeonatos gallegos de campo a través

Casi 900 atletas cerrarán en Ribadavia los campeonatos gallegos de campo a través

La Selección Gallega de Atletismo parte hacia el Campeonato de España de campo a través con 53 atletas

La Selección Gallega de Atletismo parte hacia el Campeonato de España de campo a través con 53 atletas

Abre el plazo de inscripción para la XVII Carrera O Porriño 10K

Abre el plazo de inscripción para la XVII Carrera O Porriño 10K

Motor

El OMODA 5 integra 20 sistemas ADAS para posicionarse como referente en seguridad SUV

El OMODA 5 integra 20 sistemas ADAS para posicionarse como referente en seguridad SUV

Salud

Uno de cada cinco adolescentes podría desarrollar un trastorno alimentario

Uno de cada cinco adolescentes podría desarrollar un trastorno alimentario

La Xunta aprueba una mejora en las retribuciones del personal de los PAC del Sergas

La Xunta aprueba una mejora en las retribuciones del personal de los PAC del Sergas

Una asociación gallega publica materiales gratuitos de apoyo para cuidadores de personas con demencia

Una asociación gallega publica materiales gratuitos de apoyo para cuidadores de personas con demencia

Turismo

La Xunta presenta en Fitur el salón 'Turexpo Galicia' de Silleda

La Xunta presenta en Fitur el salón 'Turexpo Galicia' de Silleda

Hogar

Diseño 2026: la cocina se consolida como un espacio multifuncional, sostenible y tecnológico

Diseño 2026: la cocina se consolida como un espacio multifuncional, sostenible y tecnológico

Cómo aprovechar las esquinas en casa

Cómo aprovechar las esquinas en casa

El Supremo obliga a los bancos a pagar las costas si el consumidor gana la apelación por cláusulas abusivas

El Supremo obliga a los bancos a pagar las costas si el consumidor gana la apelación por cláusulas abusivas

Seguridad | Protección Civil

Desconexión de los triángulos: la luz V-16 y nuevas reglas para motos y patinetes marcarán el tráfico en 2026

Desconexión de los triángulos: la luz V-16 y nuevas reglas para motos y patinetes marcarán el tráfico en 2026

La amenaza invisible: cómo prevenir intoxicaciones por monóxido de carbono

La amenaza invisible: cómo prevenir intoxicaciones por monóxido de carbono

Oito de cada dez establecementos hostaleiros de Vigo recibiron axudas directas da Xunta

Medio Ambiente emite informe favorable na reordenación do Barrio do Cura en Vigo

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 Actualidad de las Rías Baixas y Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder