REDONDELA
Sementeira no Camiño: O cinema e a poesía chegan a Redondela
Sementeira no Camiño, programa que se enmarca dentro das celebracións do Xacobeo 21-22, percorrerá entre o 9 e o 13 de xuño cinco vilas do Camiño Portugués con filmes e poesía: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui
Sementeira no Camiño, programa enmarcado dentro das celebracións do Xacobeo 21-22, leva do 9 ao 13 de xuño a poesía e o cinema a cinco vilas galegas emblemáticas do Camiño Portugués: Iria Flavia, Redondela, Pontecesures, Cesantes e Tui.
Así, onte proxectouse en Iria Flavia O apóstolo, de Fernando Cortizo, mentres que Lúa Vila fixo gozar aos asistentes coa súa poesía. Nesta ocasión, Sementeira no Camiño achégase a Redondela. Deste xeito, o 10 de xuño ás 20.00 o Multiusos de Redondela acollerá o filme Footprints, de Juan Manuel Cotelo, que relata a historia documental de once mozos do deserto de Arizona que viaxan ata España para facer o Camiño de Santiago.
Unha vez rematada a obra, todos os asistentes poderán gozar coa poesía de Carolina Sertal, poeta redondelana que publicou en 2019 o seu primeiro poemario, Anguria, e que ven de gañar o segundo premio de poesía nos IV Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra grazas ao seu poema Estatuas de Sal.
O xoves 10 de xuño ás 20.00 no Multiusos de Redondela poderase ver Footprints, de Juan Manuel Cotelo. Despois, a poeta redondelana Carolina Sertal deleitará aos presentes cos seus versos
En definitiva, Sementeira no Camiño é outra forma de coñecer o Camiño de Santiago. Neste sentido, a arte percorrerá durante cinco etapas o Camiño de Santiago, achegando a súa maxia a habitantes e peregrinos para que coñezan a poetas galegas, así coma filmes nos que o camiño é o protagonista.
AFORO E ASISTENCIA
A entrada é de balde ata completar o aforo.
SEMENTEIRA NO CAMIÑO
O proxecto Sementeira no Camiño pretende destacar a riqueza do patrimonio natural e cultural do Camiño de Santiago e tamén o seu aspecto humano ao buscar o intercambio de experiencias entre os seus habitantes e peregrinos a través da arte.
As obras proxectadas, os poemas declamados e os lugares de celebración dos actos serán os mellores xeitos de amosar e difundir o noso patrimonio natural, cultural e humano. Ademais, o evento tamén busca contribuír notablemente coa visibilidade de pequenas vilas percorridas polo Camiño e a poboación da area rural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.215