PROVINCIA
David Regades: “os intereses dos/as traballadores de Ence son moi distintos aos de Feijoo”
O secretario xeral dos/as socialistas pontevedreses preside unha Executiva Provincial que volve á presencialidade cun acto celebrado nos xardíns do centro da UNED en Pontevedra
O PSdeG-PSOE recuperou a presencialidade para as xuntanzas do seu Comité Executivo Provincial. Os xardíns do Centro da UNED en Pontevedra acolleron hoxe a sesión deste órgano nun acto presidido polo secretario xeral, David Regades. A situación da empresa Ence e as incertezas acerca do seu futuro marcaron boa parte do debate. O acto é o primeiro presencial dende o comezo da pandemia, coa única excepción do celebrado en xullo pasado na finca Batacos. Tódalas demais convocatorias tiveron formato telemático.
David Regades afirmou que o pasado mes de marzo lanzou publicamente a proposta para a construción dun novo complexo papeleiro (pasta de celulosa e papel) en Galicia e, preferentemente, na contorna da comarca de Pontevedra aproveitando a posibilidade de cofinanciar a operación cos fondos Next Generation da Unión Europea. Regades expresou entón a súa perplexidade de que este proxecto, estratéxico para Galicia, non estivera nas primeiras liñas dos proxectos tractores “supostamente enviados ao Goberno de España, porque hai quen di que é unha folla de Excell na que hai máis proxectos de gasto ordinario autonómico xa comprometido, que verdadeiros proxectos industriais”. “Dá ata pudor enterarse de que Feijoo pretende financiar as obras de Montecelo, por exemplo, cos fondos europeos, que non son para iso”, engadiu.
O propio CEO de Ence, Ignacio Colmenares ten calculado o custe da operación en 700 millóns de euros, lembrou. “Nunca antes houbo unha “ventá de oportunidade” como a actual para facer posible esa operación, pero fai falta vontade e visión de país, algo do que a Xunta anda escasa”.
O secretario xeral socialista afirma que “os intereses dos/as traballadores/as de Ence e os de Feijoo son cousas moi distintas; ás persoas que traballan en Ence ou dependen da fábrica interésalles un emprazamento físico de futuro, que non dependa de prazos concesionais sobre “terreos prestados” e que, ademais, serán cada vez máis precarios no marco da crecente normativa medioambiental española, europea e mundial”. “E cambio, a Feijoo ten intereses máis sinxelos: esquivar o asunto na medida do posible e confrontar con Madrid para que a xente esqueza que as competencias sobre política industrial son autonómicas, como se a autonomía de Galicia fose de quita e pon”. O secretario xeral engade que nin sequera os intereses da empresa, centrada loxicamente en maximizar beneficios e reducir custes, son os mesmos que os do colectivo laboral “e digo isto con todos os respectos para a empresa”.
“Os prexudicados de que Ence estea en “terreos prestados polo mar” e de que a Xunta non aposte por un emprazamento sostible son as persoas que traballan na fábrica ou dependen dela”
Nesta liña explicou que Alberto Núñez Feijoo ten unha traxectoria “desconcertante” ao respecto da fábrica pasteira: estivo a favor do traslado ata 2013, e así fíxoo constar nos seus programas electorais por dúas veces; logo cambiou de opinión e opúxose. Volveu cambiar, a unha postura ambigua, nin si nin non, trala xuntanza organizada pola ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera o pasado mes de maio. “E, dende hai unhas semanas reapareceu o Feijoo do non”. “Que Feijoo tocará no futuro? O tempo dirá”.
A única estratexia do PP, subliña Regades, é a do ruído para tratar de facer esquecer que os problemas xudiciais de Ence derivan da prórroga concedida por Mariano Rajoy en 2013, cun goberno en funcións, e á chapuza da Lei de Costas do PP, dando pé ás denuncias presentadas por colectivos ecoloxistas. Nesta estratexia encádrase a campaña orquestrada polo Partido Popular contra a Lei de Cambio Climático, enchendo páxinas e minutos de Telexornal co famoso artigo 18, que, ademais de que non significaba nada para Ence, mesmo acabou sendo modificado. Unha campaña que rematou co PP absténdose nas Cortes Xerais e demostrando coa súa abstención a inutilidade de todo o seu argumentario.
A realidade incómoda para Feijoo, continúa o secretario xeral dos/as socialistas pontevedreses, é que a construción dun moderno complexo papeleiro, preferentemente na contorna de Pontevedra, non é un asunto novo, pero nunca antes, dende que este tema está na axenda política, houbo unha oportunidade máis factible de levalo a cabo. “A operación ten aspectos medioambientais, urbanísticos e económicos; estes últimos, que eran o principal condicionante son agora abordables, pero para iso fai falta alguén aos mandos da política industrial Xunta de Galicia, e parece que non hai ninguén”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40