BAIONA
Arrancan as obras de mellora de seguridade viaria da EP-2204 Sabarís-Belesar
A actuación supón un investimento de preto de medio millón de euros cos que a Deputación mellorará o firme na totalidade da estrada, instalará redutores de velocidade e renovará a sinalización
As obras de mellora da EP-2204 Sabarís-Belesar, no concello de Baiona, veñen de comezar nas últimas horas da man da Deputación de Pontevedra, unha esperada actuación na que a institución provincial inviste máis de 475.000 euros co fin de mellorar a seguridade viaria na totalidade desta estrada provincial, moi transitada, e que ten un prazo de execución de catro meses. Deste xeito, a Deputación pon de manifesto unha vez máis o seu compromiso cunha mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria no conxunto de estradas provinciais.
O proxecto constitúe unha actuación transformadora na mobilidade entre dúas parroquias moi importantes de Baiona como Sabarís e Belesar, que mellorará sustancialmente os 6,3 quilómetros desta estrada. Máis polo miúdo, no que atinxe ao aglomerado do viario, levarase a cabo o saneamento dun tramo de preto de quilometro e medio de estrada e tamén se renovará a capa de rodadura nunha área de 34.500 metros cadrados. Desta superficie, en 13.500 metros executarase previamente un tratamento superficial e levarase a cabo o fresado doutros 21.000 metros.
Ademais da reposición do firme, tamén se acometerán traballos de instalación de redutores de velocidade para o acoutado do tráfico, a modificación da sinalización vertical existente e a renovación da horizontal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136