Mos
A cadea humana da COVID-19 protagonista do acto institucional do Día da Rosa
Óscar Pereiro e Javiér Guillén protagonizaron un Pregón moi emotivo, entrañable e divertido.
O acto contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, como máximo representante dun dos sectores homenaxeados: o sanitario.
Esta mañá a Praza do Concello de Mos acolleu o acto institucional do Día da Rosa, único evento celebrado dentro da Festa da Rosa 2021, suspendida polo nivel máximo de incidencia da COVID-19 que recentemente afectou ao municipio mosense.
CONCURSO DE ROSAS on line
O acto comezaba ás 11.30 H co FALLO do CONCURSO DE ROSAS on line ‘As Nosas Rosas’. No concurso participaron un total de 270 fotografías, resultando gañador un holandés veciño de Moaña, John Van Schilt.
Os vencedores, premiados con vales para consumir en locais de hostalería mosense e cun kit de xardinería (xentileza de Leroy Merlin Mos), foron os seguintes:
1º premio - John van Schilt COA FOTOGRAFÍA “Reflejo. Echar sombras en tela”. PETELOS.
2º premio - Sara Cabaleiro coa fotografía REGAMOS E FLORECEMOS. Peirixo.
3º premio - Nerea Pereira González coa fotografía “Stop and smell the Roses”. Tameiga
O xurado do concurso estivo integrado por: Iñaki Prieto Lorenzo (fotógrafo), Maria Santorio Míguez (fotógrafa), Noelia Sías Villaverde (florista Floristería Lola) e Xabier González Rodríguez (Viveiros Adoa xardinería).
Tras o fallo do concurso, ás 12.00 H, celebrouse unha MISA CANTADA POLO CORO DA ESCOLA DE MÚSICA de MOS na honra dos/as falecidos/as pola COVID-19.
Unha vez rematada a Misa, chegaba o Pregón, precedido da actuación do cuarteto de Arpas da Escola de Música de Mos e da intervención da Concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.
Os PREGOEIROS, ÓSCAR PEREIRO e JAVIER GUILLÉN, tiveron palabras moi emotivas facendo referencia á pandemia e a todas as persoas que tanto sufriron durante esta crise sanitaria da COVID-19; e tamén palabras divertidas sobre a preparación conxunta da etapa 20 de LA VUELTA 21 (da que Guillén é director) que terá meta en Mos, no Castro de Herville. A penúltima etapa de La Vuelta Ciclista a España 2021, Sanxenxo-Mos, foi íntegramente deseñada polo mosense Óscar Pereiro e dela sairá, case con total seguridade, o gañador da competición raíña do ciclismo no noso país.
Logo do Pregón chegaron o discurso da alcaldesa, Nidia Arévalo, e a HOMENAXE Á CADEA COVID, de sectores e colectivos IMPRESCINDIBLES e AFECTADOS pola pandemia, encabezados polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en representación, xunto coa doutora do Centro de Saúde de Mos, Begoña Porritt, do sector sanitario.
A homenaxe á GRAN CADEA HUMANA MOSENSE DA COVID-19 fíxose en honra:
![[Img #69751]](https://xornal21.com/upload/images/06_2021/6159_r7.jpg)
![[Img #69752]](https://xornal21.com/upload/images/06_2021/6381_r8.jpg)
Aos imprescindibles:
SANITARIOS.
FARMACIAS
PROTECCIÓN CIVIL + SERVIZO MUNICIPAL EMERXENCIAS
MOS AXUDA
SAF (Servizo de AXUDA NO FOGAR)
POLICIA LOCAL
GUARDA CIVIL
TRABALLADORES MUNICIPAIS
SERVIZOS MUNICIPAIS
ESTABLECEMIENTOS DE ALIMENTACIÓN TENDAS, SUPERMERCADOS, PANADERIAS, ESTANCOS…
E os afectados:
![[Img #69753]](https://xornal21.com/upload/images/06_2021/745_r16.jpg)
![[Img #69755]](https://xornal21.com/upload/images/06_2021/3174_r29.jpg)
ÁS XENTES MOZAS
AOS MAIORES
PERSOAS CON DISCAPACIDADE
RESIDENCIAS
HOSTALEIROS
TRANSPORTE DE VIAXEIROS
TAXISTAS
XIMNASIOS
PERRUQUERIAS e SALONS DE BELEZA
ENSINANZA
CULTURA e DEPORTE
ATRACCIONS E OCIO
![[Img #69756]](https://xornal21.com/upload/images/06_2021/6748_dsc_0089.jpg)
Tras a merecida homenaxe a estes colectivos chegou o DISCURSO DO CONSELLEIRO, JULIO GARCÍA COMESAÑA, gran amante do ciclismo que ademáis recibiu de mans de Óscar Pereiro e Javier Guillén o maillot de Mos e o maillot oficial de LA VUELTA.
O acto rematou ás 14.30 horas co gaiteiro mosense Xulio Lorenzo interpretando os Himnos de Mos (da súa autoría) e de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126