Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 08:52:15 horas

Xornal21.es
Martes, 15 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Medio millón de euros do Plan Concellos para oito municipios da Provincia

Trátase de novas achegas da Liña 2 de amortización, pago de débedas e financiamento de actividades socioculturais, que recibirán os concellos de Cambados, Crecente, A Estrada, Lalín, Nigrán, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860€ ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas que beneficiarán aos municipios de Cambados, Crecente, A Estrada, Lalín, Nigrán, Ponte Caldelas, Salceda de Caselas e Vilagarcía de Arousa. Neste senso, a presidenta provincial, Carmela Silva, puxo en valor estas achegas, destinadas tanto a amortizacións, pagamento de débedas e gastos correntes, “como a todo o que ten que ver coa cultura, que é financiado tamén por esta administración”.

 

No apartado de amortizacións, pago de débedas e gastos correntes, a achega de maior contía será para A Estrada, que recibirá 327.508 euros para as tarefas de reforzo de limpeza e desinfección de espazos públicos. Cambados e Crecente tamén utilizarán as achegas concedidas, por 62.687 e 8.216 € respectivamente, para pagamento de gastos correntes, como as facturas de Sogama. Así mesmo, Crecente poderá abordar con outra achega de 18.023€ a contratación extraordinaria de servizos de limpeza e desinfección da Covid 19. Salceda recibirá unha achega de 7.500€ para o acondicionamento de espazos municipais.

 

No que atinxe á financiación de actividades socioculturais, Nigrán recibirá seis achegas, por un importe de preto de 53.000 euros, que lle permitirán financiar diversas iniciativas, como os programas Vive Nigrán, Nigrán Jazz, Chandefolk, o Campionato de España de Petanca, a Carreira Nocturna e o Servizo Municipal de Canguros. Doutra banda, Ponte Caldelas poderá financiar o seu Programa Cultural de Verán 2021 cunha achega de 31.451€, mentres que Vilagarcía recibirá unha achega de 6.000 euros para o proxecto Actívate de Actividades Cognitivas. Por último, Lalín recibirá dúas achegas, de 13.720 e 3.780 euros para financiar o Campamento no Mar 2021 e un Curso de Poda e Enxertos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.