GALICIA
Máis de 10.000 nenas e nenos benefícianse da gratuidade para segundos fillos e sucesivos
O 70% dos pequenos que asisten ao PAI de Boborás reciben atención educativa gratuíta grazas a esta medida
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou onte nunha visita ao Punto de Atención á Infancia (PAI) de Boborás que máis de 10.000 nenas e nenos de escolas infantís de Galicia se están a beneficiar da gratuidade para segundos fillos e sucesivos. Trátase dunha medida pioneira da Xunta á que poden acollerse todos os centros sen importar a súa titularidade e que permite que as familias non teñan que aboar o custe da atención infantil.
De feito, dos dez pequenos que acoden diariamente ao PAI de Boborás, sete están a beneficiarse desta iniciativa por ser segundos fillos ou sucesivos. A conselleira destacou, neste sentido, o labor que realizan tanto os Puntos de Atención á Infancia como as profesionais que traballan neles, cuxo traballo permite ás familias da contorna compaxinar a vida laboral e persoal.
Na provincia de Ourense hai 40 casas niño que facilitan a conciliación da vida laboral e persoal das familias dos concellos rurais
Nesta liña, Fabiola García puxo en valor o esforzo do Goberno galego por facilitar a conciliación das persoas que viven en concellos de menor tamaño, e lembrou outra das iniciativas pioneiras que están a ter un gran calado entre as galegas e os galegos, as casas niño. Na actualidade na provincia de Ourense hai habilitados 40 centros deste tipo que ofrecen un total de 200 prazas de atención infantil de 0 a 3 anos gratuíta.
En toda Galicia hai na actualidade 77 casas niño repartidas polas catro provincias, se ben o Goberno galego está a piques de resolver unha nova convocatoria de axudas para poñer en marcha centros destas características naqueles concellos que non teñan ningún servizo de conciliación. Deste xeito, a Xunta de Galicia pretende chegar ao preto de centenar de casas niño no rural en 2021.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136