PROVINCIA
Entrega de premios concurso "Xoga coas manciñas"
A Deputación de Pontevedra celebrou o Día da Lingua de Signos entregando os premios do concurso “Xoga coas Manciñas” correspondentes aos anos 2021 e 2020. O acto celebrouse na escalinata exterior do Pazo Provincial. A presidenta da Deputación destacou a necesidade de que “a lingua de signos teña presenza no currículo educativo para que todas as persoas poidan sentirse representadas”, recollendo unha proposta da presidenta de XOGA, María Jesús Monterde. Do mesmo xeito, Carmela Silva amosou o seu apoio á iniciativa da deputada María Ortega, na que se traballará para a recompilación da lingua galega en lingua de signos, incluíndo así a todas as persoas na sociedade galega.
No evento fíxose entrega dos premios do ano 2020 a Alejandro Veites (3º de primaria do CEIP Santo Tomás, O Porriño) polo retrato do escultor José María Acuña. As mencións especiais foron para o poema “Rosalía pequeniña”, do alumnado de 1º de primaria do CPR Santo Tomás (O Porriño), a canción “Vén conmigo”, do alumnado do CEIP Plurilingüe de Belesar (Baiona) e a canción “Por ellas” do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela). Os premios de 2021 foron para “Non fai falta a voz”, do alumnado de 3 anos do CEIP O Hío (Cangas); o segundo para o conto “O leite de Adela”, do alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) e o terceiro para o conto “A que sabe a lúa”, da aula de 3º B da escola infantil Los Pitufos (Vigo). Por último, na categoría Educación Primaria, o primeiro premio outorgóuselle á canción “A reciclar”, do alumnado de 4º de Primaria do CEIP O Hío; o segundo para a canción “Dime que fixeches e onde estiveches”, do alumnado de 1º de Primaria do CEIP Plurilingüe A Florida (Sanxenxo) e o terceiro para o conto “Moncho e a mancha”, do alumnado de 6ª de Primaria do CEIP Plurilingüe A Florida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163