Viernes, 14 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 21 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Escola de Música de Xinzo abre o prazo de inscripción ao III Concurso de Solistas

O vindeiro sábado 3 xullo terá lugar no auditorio do Centro Cultural de Xinzo o III Concurso de Solistas da Escola de Música e xa é posible inscribirse para participar. Só poderán facelo aqueles alumnos matriculados na Escola no actual curso 2020/2021, aínda que os gañadores do primeiro premio nas edicións anteriores non poderán competir na mesma categoría.


O concurso consta dunha soa fase na que os participantes tocarán por orde alfabética de primeiro apelido, comezando por unha letra elixida ao azar o propio día do concurso. A obra ou estudo a interpretar será elección persoal do participante, pero en ningún caso poderá estar acompañado por un pianista.


Os participantes divídense en tres categorías diferentes —A,  B e  C—, dependendo do nivel do músico. Na categoría para poden inscribirse os participantes matriculados en primeiro ou segundo nivel elemental; na  B, os de terceiro e cuarto nivel elemental e os de nivel complementario que non cumprisen 18 anos na data do concurso; e o a categoría  C, alumnos de nivel complementario maiores de 18 anos.


O xurado do concurso será o que proclame aos gañadores. Estará formado por profesores da Escola de Música e representantes da Banda de Música. O día do concurso cada participante deberá entregarlle tres fotocopias da obra ou o estudo para interpretar e calquera membro do xurado poderá deter a actuación se así o considera.


Os premios son diferentes segundo as categorías nas que se participe. Na categoría A tan só obsequiarase con agasallos aos participantes, mentres que tanto os da  B como os da  C recibirán axuda económica para compra de material musical —50€, 40€ ou 30€ dependendo do premio que se gañe —, ademais de participar nun concerto da Banda de Música  Xuvenil de Xinzo como solista o gañador do primeiro premio.


Os interesados en inscribirse deben encher o formulario correspondente e depositalo na caixa de correos que se atopa na porta da oficina da Escola de Música. O prazo expira o próximo 11 de xuño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.