GONDOMAR
Gondomar lembra aos cativos a importancia de recoller o lixo
O curso de 3º de primaria do centro completou esta semana a actividade ambiental que desenvolveron nas últimas semanas en clase, instalando nas papeleiras do Parque da Coelleira carteis lembrando a importancia do seu uso
O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, recibiu aos pequenos e pequenas no concello e agradeceu “o traballo tan importante que facedes para defender o noso medio ambiente e manter limpo Gondomar”. Engadiu que “sodes todo un exemplo para todos nós”.
O alumnado do Souto Donas, acompañado por tres das súas profesoras, repartiron polas papeleiras do Parque da Coelleira que deseñaran previamente no colexio e adaptado para fixalas nelas. Con axuda dun funcionario municipal, aparafusaron os letreiros coa mensaxe clara que neles quérese trasladar: “Se tiras lixo ao chán, os neno s tristes estarán”.
Un traballo que dende o concello se preparou para que luza tamén como un cadro no colexio “para que vos acordedes sempre do gran traballo que fixestes en materia de concienciación”, asegurou o alcalde, que estivo acompañado neste encontro pola edil de Educación, Araceli Regueiro, e o responsable de Medio Ambiente, Brais Misa.
Os pequenos e pequenas do Souto Donas remataron realizando unha recollida de entullos, papeis ou residuos que se atoparon no traxecto da súa excursión.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44