Domingo, 01 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Febrero de 2026 a las 10:06:31 horas

Xornal21.es
Jueves, 17 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
TUI

Xornada inclusiva en Tui

Esta semana, no CEIP PLURILINGÜE NÚMERO 1 DE TUI tivo lugar as II Xornada Inclusiva. A inauguración das mesmas realizáronna o Xefe Territorial da provincia de Pontevedra, César A. Pérez Ares, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González.

 

Nesta ocasión acompañáronnos diversos expertos e expertas, tanto do ámbito da práctica educativa coma do ámbito teórico, aportando experiencias e boas prácticas educativas inclusivas e sustentándoas coa base teórica que permite entender a súa necesidade. En concreto, colaboraron de xeito altruísta a asesora do CFR de Vigo e experta na aprendizaxe cooperativa, Carmen Vaz, Rafael Pérez de Lis, experto en Prácticas Restaurativas, e formador no centro neste senso; o profesor de Teoría da Educación da Universidade de Málaga, investigador da diversidade e dos procesos de exclusión e inclusión educativa, Ignacio Calderón; a experta en innovación educativa inclusiva e Deseño Universal da Aprendizaxe, Coral Elizondo e o profesor de Historia do IES San Paio, Miguel Abraira. Nestas ponencias puidemos escoitar a importancia de recoñecer a inclusión coma un dereito, dereito a que poidan aprender xuntos alumnado diferente, salientando os seus talentos e achegando estratexias que lles permitan superar as súas debilidades; a necesidade da colaboración, non só do alumnado, senón entre o propio profesorado creando unha verdadeira cultura colaborativa; a potencialidade da aprendizaxe cooperativa coma un fin en sí mesma e coma medio para acadar unha verdadeira convivencia inclusiva; a importancia de implicar nesta convivencia e os procesos que nela existen á comunidade educativa, facendoos partícipes e conseguindo así unha convivencia positiva, baseada no respecto mutuo, a comprensión e a responsabilidade da comunidade.

 

Estas xornadas, ao igual ca o ano pasado, estiveron abertas a toda a comunidade educativa, participando nas mesmas familias, docentes de diversas etapas e especialidades, membros de servizos sociais e da corporación municipal... Dadas as circunstancias actuais, nesta ocasión, facilitouse tanto a asistencia presencial con aforo limitado, coma a participación de xeito telemático. Tamén participou o alumnado de 6o curso de educación primaria como mestres de ceremonias.

 

Dende o centro queren agradecer "a presenza e participación nestas xornadas de todas as persoas que as fixeron posibles".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.