MOS
A Escola Infantil de Cototorrón busca aos seus ex alumnos
A mostra recollerá o material aportado polas familias que foron usuarias durante a última década: fotos e/ou cartas
A Escola Infantil A Galiza Azul de Cototorrón busca aos seus ex alumnos/as para organizar unha exposición conmemorativa do seu décimo aniversario.
A Escola Infantil de Cototorrón cumpre en xullo 10 anos en activo tras a súa rehabilitación e integración na Rede de Esolas A Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Para celebrar a súa primeira década en activo, educando e contribuíndo á conciliación da vida familiar e laboral, o equipo docente do centro, encabezado pola directora, Ana Martínez, decidiron poñer en marcha unha iniciativa moi fermosa: localizar ás familias usuarias ao longo dos anos para pedirlles que, mediante fotografías ou cartas, plasmen a súa experiencia de paso pola Escola. Con todo o material recibido, máis o que xa conservan no centro, o vindeiro mes de xullo realizarase unha exposición, coincidindo coa data de apertura das instalacións fai 10 anos.
Incluso tentarase localizar a algún dos/as primeiros alumnos/as que desde os anos 30 do século pasado acudían ás, naquel entón, Escolas Unitarias, construídas polos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’
A Escola conta co apoio nesta fermosa iniciativa co Concello de Mos. Precisamente esta mañá a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaban as instalacións para abordar con Ana, a directora, os detalles da actividade e para colaborar na difusión do proxecto; para que así se sumen ao mesmo o máximo número de familias posibles.
Incluso se fose posible, algúns daqueles primeiros alumnos/as que desde os anos 30 do século pasado, acudían diariamente ás que naquel entón eran as Escolas Unitarias, que foron construídas grazas ás doazóns dos ‘Fillos de Mos Residentes en Bos Aires’, hoxe Asociación Galega de Residentes de Mos en Bos Aires.
Deste xeito o vindeiro mes de xullo a Escola Infantil de Cototorrón, na parroquia de Tameiga, será esceario dunha mostra da historia de Mos, da historia educativa do pasado século e do actual. De historias en primeira persoa, como son as dos centos de cativos que levan pasado por estas aulas ao longo dos anos…

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126