GALICIA
A Xunta reforza a seguridade viaria e a integración paisaxística nos Camiños de Santiago
O Goberno galego prevé a execución este ano de 70 novas obras para mellorar a seguridade en cruzamentos ou treitos paralelos dos Camiños coa rede autonómica de estradas cun orzamento de 1,4 M€
O Consello da Xunta coñeceu esta semana o informe sobre as actuacións de seguridade, accesibilidade e integración paisaxística nos Camiños de Santiago, que supoñen o investimento autonómico global de 17,5 millóns de euros.
A seguridade viaria en cruzamentos ou treitos paralelos dos Camiños de Santiago na rede autonómica de estradas é un dos eixos prioritarios desta liña de acción. Así, o Goberno galego prevé a execución de 70 actuacións deste tipo neste mesmo ano 2021, cun orzamento que ascende a 1,42 M€.
Entre estas intervencións cabe salientar exemplos relevantes como a senda proxectada entre os puntos quilométricos 6+810 e 8+110 da estrada LU-530. Trátase dun tramo de 1.300 metros nesta vía onde o Camiño Primitivo transcorre paralelo entre as localidades de Carballido e Manzoi, no concello de Lugo.
Outro exemplo destas actuación é a execución dun paso elevado de peóns e o reforzo de sinalización no cruzamento entre o Camiño Portugués e a estrada AC-301, en Padrón.
A Xunta tamén ten prevista a execución dunha senda nun tramo duns 650 metros sen beirarrúas na estrada OU-112 no concello de Laza, onde o Camiño de Santiago transcorre paralelo.
Obras executadas
O informe hoxe presentado detalla as actuacións de mellora da seguridade viaria ou da accesibilidade xa acometidas nas estradas autonómicas nos últimos anos, coa achega dun orzamento de 3,52 M€ por parte do Goberno galego.
Cabe destacar intervencións como a efectuada no Camiño Francés na estrada LU-633 en Pedrafita, Triacastela ou Portomarín. Neste caso, realizouse unha ampliación da senda entre os puntos quilométricos 10+330 e 10+395, á saída de Hospital; entre o 27+610 e o 28+550, á saída de Triacastela; e entre 28+900 e 31+100, en Samos.
Tamén se acondicionou un antigo treito en curva da LU-633, na traza do Camiño Francés en Triacastela e xusto á saída da capital do concello, con destino a uso público.
Exemplos destas obras son a nova senda na LU-530, no Camiño Primitivo, ou un paso elevado de peóns no cruzamento entre o Camiño Portugués e a AC-301 en Padrón
Nesta mesma estrada tamén se acometeu unha senda desde o punto quilométrico 72+320 ao 72+580, así como a renovación das beirarrúas e o acondicionamento da ponte de Portomarín.
A Xunta tamén levou a cabo unha intervención significativa no Camiño Portugués, na PO-225 en Alba, en Pontevedra, coa mobilización dunha achega de máis de 525.000 euros. As obras consistiron na construción dunha senda peonil que reforza a seguridade neste tramo e na execución dunha pasarela sobre o río Cortes.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade tamén executou outros proxectos como a mellora da seguridade na estrada AC-934, no tramo coincidente co Camiño do Norte; na OU-105, en Seixalbo; e vai actuar na AC-214 en Sigrás, ao paso do Camiño Inglés.
Entradas dos Camiños en Compostela
Ademais a Xunta tamén está a rematar as actuacións de mellora das entradas das Rutas Xacobeas en Santiago de Compostela. Trátase dos accesos do Camiño Francés (Monte do Gozo - San Lázaro e Fonte dos Concheiros- Cruce de Concheiros); do Camiño Inglés (Polígono do Tambre) e do Camiño Portugués (Conxo), cun investimento total de 12,61 M€.
No que se refire ao trazado do Camiño Inglés, na súa entrada en Compostela atravesa o polígono do Tambre polas rúas Galileo e das Mulas, na que se atopa o cemiterio de Boisaca. Ademais, como extensión do ámbito inicialmente previsto, ampliouse en ambos os extremos a actuación, na rúa das Mulas ata o tanatorio de Boisaca e na rúa Garabal, para reinstalación dos aparcadoiros executados para compensar as prazas eliminadas no paso do Camiño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136