GALICIA
A Xunta activa axudas directas para apoiar aos establecementos de ocio nocturno
Feijóo salienta que os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas desde 7.500 € ata un máximo de 35.000 €
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana na rolda de prensa de Consello, a activación dunha nova liña de axudas por 4 M€ para apoiar aos establecementos de ocio nocturno e minimizar o impacto do seu peche continuado.
Máis polo miúdo, indicou que os propietarios destes establecementos (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festa, salas de concerto e outros asimilables), poderán percibir axudas desde 7.500 € ata un máximo de 35.000 €, en función da superficie do local. Entre o anterior plan, engadiu, e a actual convocatoria de axudas directas, investiranse máis de 8,5 M€.
En relación á proba piloto realizada a pasada fin de semana en 6 locais de ocio nocturno, Feijóo destacou que transcorreu con normalidade e cun escrupuloso cumprimento das medidas de seguridade, PCR, máscara, distancia de seguridade, circuíto de entrada e saída e medición de CO2. Ademais, informou da posta á disposición dos donos dos locais dun teléfono para o traslado de incidencias.
A este respecto, tamén explicou que se está completando o estudo da proba para realizar un informe e pechar o protocolo de reapertura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136