Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 17:41:02 horas

Xornal21.es
Viernes, 18 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O programa da Deputación “Bosques Terapéuticos” chega esta sábado a Vigo

Malia que o percorrido ten todas as prazas esgotadas a Deputación ten outras catro datas dispoñibles para as persoas que queiran desfrutar deste baño de bosques

[Img #69882]Con todas as prazas esgotadas, os esperados baños de bosques da Deputación de Pontevedra chegan este sábado ao Espazo Natural Arco da Vella en Vigo cunha espectacular ruta que discorrerá á beira do río Eifonso, situado na parroquia de Bembrive. Durante o quilómetro que dura este percorrido, de dificultade media-baixa, as persoas participantes poderán relaxarse e mergullarse nos beneficios que ofrece a natureza, unha actividade integral que conxuga medio ambiente, exercicio, saúde e cultura.

 

O río Eifonso nace no Monte das Lagoas, a 450 metros de altura, abríndose camiño entre o val polo que discorre e pasando aos pés da Capela de San Cibrán. As persoas que participen nesta nova actividade de “Bosques Terapéuticos” poderán desfrutar no seu transcurso de fermosas fervenzas, como a de Bouzafría, e muíños de auga. En 2016 este río foi integrado no Parque Botánico Arco da Vella, situado nas inmediacións da capela de Vos Ramallos.

 

Malia que todas as prazas para a ruta deste sábado están completas, aquelas persoas que queiran desfrutar desta ruta teñen a oportunidade de inscribirse nas outras catro saídas que a Deputación ten organizadas polo Espazo Natural Arco da Vella e que terán lugar os días 10 e 16 de xullo e 7 e 22 de agosto. A inscrición nestas rutas, así como na do resto de percorridos desta segunda edición de “Bosques terapéuticos”, poderá realizarse proximamente no sitio web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.