GALICIA
Os menores de 21 anos xa dispoñen de trasporte gratuíto en toda Galicia
A tarxeta ‘Xente Nova’ para viaxar de balde no autobús da Xunta pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias
O ano 2020, a pesar da crise sanitaria, rexistrou o maior incremento nas tarxetas Xente Nova expedidas con máis de 21.000 dispositivos.
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se estende ao conxunto da comunidade a gratuidade no transporte público interurbano aos menores de 21 anos coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’.
Esta expansión permite, desde o pasado día 21 de maio, utilizar en toda Galicia este dispositivo que ata agora só podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano constituídas (áreas de transporte metropolitano da Coruña, de Santiago, de Ferrol, de Lugo e de Vigo), na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.
Neste sentido, actualmente todos os galegos menores de 21 anos poden viaxar xa de balde no autobús da Xunta, desde calquera dos 313 concellos de Galicia a calquera outro, ademais de no barco, no caso da ría de Vigo, e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.
A tarxeta ‘Xente Nova’ pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes e, posteriormente, será reintegrado no dispositivo.
Na páxina web www.bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas, así como o listado de todas as sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello, cos correspondentes horarios e rutas.
Na actualidade, máis de 80.500 mozos menores de 21 anos xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta de Galicia a través do emprego desta tarxeta.
![[Img #69906]](https://xornal21.com/upload/images/06_2021/994_foto-2.jpg)
Máis de 21.000 novos dispositivos
Cómpre destacar que 2020 foi o ano de maior incremento no número de tarxetas expedidas desde a súa posta en marcha no 2016, emitíndose máis de 21.000 novos dispositivos. Desde a implantación desta medida, realizáronse máis de 8 millóns de viaxes gratuítas, cun investimento por parte da Xunta que se sitúa en preto dos 8 M€.
A área da Coruña alberga o maior número de dispositivos expedidos, contabilizándose case 23.480; seguida da de Vigo, con case 17.610 tarxetas distribuídas; e Santiago, con preto de 12.350. Na área de Ferrol, máis de 9.750 rapaces dispoñen desta tarxeta; na de Pontevedra, preto de 5.480; e na de Ourense, máis de 2.900.
A medida, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, contribúe á economía das familias e facilita o acceso a servizos básicos como a educación, fomentando entre os máis novos unha mobilidade máis sustentable e limpa
A tarxeta permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas. A súa recarga pode efectuarse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila e tamén de xeito telemático mediante a banca móbil ou electrónica da citada entidade.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a traballar actualmente para que os usuarios poidan levar esta tarxeta directamente no seu teléfono móbil e facer as recargas sen necesidade dun caixeiro.
Iniciativa social
A tarxeta ‘Xente Nova’ é unha iniciativa social de fomento do transporte público que a Xunta puxo en marcha no ano 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público interurbano a menores de 19 anos.
Posteriormente, ampliouse a cobertura ata os menores de 21 anos e desde xuño do ano pasado, o Executivo autonómico activou este incentivo na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra.
Esta iniciativa do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, ten como obxectivos contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público e a mobilidade máis sustentable entre os máis novos.
O uso desta tarxeta está a ter impacto nos petos das familias, pois por exemplo unha moza de Verín que estude na cidade de Ourense está a viaxar gratis todo o curso, fronte á situación anterior na que debía abonar un prezo por viaxe de 4,55 €, uns 200€ ao mes. Así, actualmente esa moza benefíciase dun aforro de case 1.800 euros nos 9 meses lectivos.
Gratuidade do transporte
O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, destacaba o pasado mes de maio, no Parlamento de Galicia a importancia da universalización e gratuidade no transporte público da Xunta de Galicia para os menores de 21 anos, ao tempo que “se continúa a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía”.
Ignacio Maestro subliñou as vantaxes da tarxeta Xente Nova “esténdese a toda Galicia, o que significa que os menores de 21 anos poderán viaxar gratis no autobús interurbano da Xunta por todos os concellos da Comunidade. Dende Ortigueira a Vigo, desde A Guarda a Verín, desde calquera dos 313 concellos de Galicia a calquera outro, sen que lles coste un só euro, gratis”, remarcou.
Na web ‘bus.gal’ pode ampliarse información sobre o funcionamento do dispositivo e as súas vantaxes
Remarcou como unha das principais liñas estratéxicas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o acceso gratuíto da mocidade ao autobús, a través da tarxeta Xente Nova. O dispositivo, impulsado no 2016 permite que, actualmente, os menores de 21 anos viaxen gratis nas áreas de transporte metropolitano, sumando no 2020 toda a provincia de Ourense e a 13 concellos da área de Pontevedra, e estendéndose agora a toda Galicia.
Neste sentido, salientou que a pesar de todos os condicionantes da crise sanitaria da covid-19, o 2020 foi o ano de maior incremento no número de tarxetas expedidas desde a súa posta en marcha no 2016.
Dos 200€ ao mes á viaxar de balde
Para ilustrar o impacto que a tarxeta Xente Nova está a ter nos petos das familias, o director puxo de exemplo o traxecto dunha moza de Verín que estude na cidade de Ourense, desde que o Goberno galego estendeu a toda a provincia as vantaxes deste dispositivo. Así, coa tarifa do contrato anterior, esta usuaria tería un prezo por viaxe de 4,55€, o que supón uns 200€ ao mes desprazándose a diario. Hoxe, dixo, esta mesma estudante viaxa gratis todo o curso, o que supón para a familia case 1.800 euros de aforro nos 9 meses lectivos.
Puxo en valor tamén o traballo da Xunta para facer realidade a modernización completa dos servizos de transporte público por estrada, onde apuntou como fundamental o papel da mocidade e, tamén, do novo Plan de Transporte Público de Galicia, “que rematou recentemente a súa implantación efectiva, froito dun traballo inxente”, dixo.
Destacou a planificación do Goberno galego ante a magnitude do proceso rematado ao longo do ano pasado, que supuxo implantar 127 contratos, a renovación de máis de 3.100 liñas de autobús, que cada mes poñen en circulación uns 300.000 servizos, trasladando a 26 millóns de viaxeiros ao ano, ademais de 43.000 escolares todos os días. A rede de servizos descrita, lembrou, supón un investimento autonómico que supera os 80 millóns de euros cada ano.
O director puxo o acento na incidencia do novo Plan de Transporte Público de Galicia nos descontos e políticas activas de prezos máis potentes, con independencia da idade, e que posibilita a todos os usuarios o acceso a elas. Aquí, seguindo co exemplo da estudante de Verín, explicou que segundo a moza vaia cumprindo anos, ou para o resto de usuarios, se dispón xa dun bono mensual ilimitado de 66€ se precisa facer as mesmas viaxes, o que supón un aforro de case 150€ ao mes, 1.200€ ao ano.
Recalcou os evidentes beneficios da política da Xunta, pois estas vantaxes chegan agora tamén ás mozas e mozos que viven en núcleos de poboación do rural de toda Galicia.
Afirmou que, adicionalmente, a Xunta continuará afondando nuns prezos o máis económicos posible para toda a cidadanía coa constitución nos vindeiros meses da Área de Transporte de Galicia, que levará a toda a Comunidade os beneficios dos que gozan xa nos 65 concellos da contorna das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo, integrados nas áreas de transporte metropolitano, a través do uso da tarxeta TMG.
Ignacio Maestro apuntou que a adhesión dos concellos que estean interesados suporá a despenalización total dos transbordos en autobuses interurbanos e bonificacións económicas en cada viaxe. Estes descontos, engadiu, de xeito complementario á oferta de bonos vixentes, suporán un aforro real adaptado ás circunstancias individuais dos cidadáns.
O director xeral de Mobilidade animou a colaborar na constitución da Área de Transporte de Galicia aos concellos interesados en que a mocidade e a cidadanía, sen límite de idade, dispoñan de prezos aínda máis baixos. Neste sentido, expresou a confianza en que os concellos se sumen aos convenios coa Xunta para que esta Área estea plenamente operativa canto antes, toda vez que aos municipios só lles corresponde achegar o 20% do financiamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136