Martes, 09 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

Estréase “Zapatilla”, o novo disco de The Turre’s Band

O grupo The Turre’s Band publica hoxe o seu novo disco “Zapatilla” para celebrar o seu 20 aniversario como grupo. O traballo componse dunha recompilación de grandes temas que se moven entre o ska, a música balcánica e, sobre todo, o estilo das brass bands americanas, sempre cunha esencia enxebre galega.

[Img #69909]O LP, de máis de unha hora de duración, componse de 19 temas nos que destacan ‘Non me móvalos marcos’, unha versión galega de ‘Killing in the name of’ de Rage Against the Machine onde trata a problemática dos lindes cun toque humorístico, e ‘Oda ó futbolín’, onde o propio Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Montealto, colabora poñendo a voz principal.

 

Tamén contan con cancións como ‘Mamboswing’, cuxa letra foi realizada ao máis puro estilo de regueifa, e ‘La bolsa’, tema clásico de Bersuit. Está gravado e masterizado por Isaac Palacín (Berrogüetto, Tanxugueiras) e o deseño é do porriñés Sr. Reny.

Os coñecidos como a banda de delincuentes máis querida de toda Galicia volven a presentar traballo despois de once anos do seu último CD, A última verbena . En palabras do seu cantante e saxofonista, Diego Cabaleiro, “este disco non entende de idades, desde os máis cativos até os avós non pararán de mover os pés co ritmo da Turre’s ata desgastar a sola das súas zapatillas, de aí o nome do LP”.

O disco será presentado mañá, sábado, na Sala Rebullón das Pedriñas, en Tameiga, Mos, ás 12.30 horas con entrada gratuita e ao aire libre.

The Turre’s Band nace no 2001 en Torroso (Mos) cando os membros do grupo “foron expulsados das súas bandas de música por non saber os pinchos educadamente”, así o contan no seu tema Equipo T de Algho hai!, o primeiro traballo que publicaron no ano 2005. Desde entón percorreron festas, locais e festivais de todo o pais e parte da península como o Festival Pardiñas, V de Valarés, Pekusión, Rebumbio, Terra brava; locais míticos do  país como o Claviccembalo, Auriense, Fábrica de Chocolate. Ademais, foron finalistas nos Premios Martín Códax da Música Galega en 2018 e 2019 na categoría de ska-reggae-música de mestizaxe.

Os seus compoñentes son: Diego Cabaleiro (Voz e saxo), Ruben Porto (saxo), Ricardo González (bateria), Camilo Martínez (percusión), Manuel Castro (clariente), Javier Romero (trompeta), Pablo Sotelino (trompeta), Juanjo Penas (trombón), Daniel Gregores (trombón), Adrián Sousa (trombón baixo), Gustavo A. Barcia (baixo eléctrico), Gabriel Porto (trompa), Francisco Valcarcel (bombardino) e Gustavo Barcia (tuba).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.