GALICIA
Os fondos do 0,7% do IRPF permitirá repartir entre entidades sociais 20,7m€
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á reunión do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, na que se informou da repartición dos fondos do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) para 2021. Trátase dunha distribución que permitirá ao Goberno galego poñer a disposición das entidades sociais 20,7 millóns de euros neste ano.
Os novos criterios de asignación converten a Galicia na segunda comunidade que máis incremento rexistra neste ano
O director xeral sinalou que no ano 2020 o Goberno central atendeu ás demandas da Xunta e modificou o sistema de distribución dos fondos desta casilla social. Cos novos criterios conseguiuse resolver a histórica situación de infrafinanciamento na que se atopaba a nosa Comunidade, o que permite que este ano sexa a segunda comunidade que máis incremento rexistra.
Estes fondos permitirán axudar ás entidades sociais a levar a cabo proxectos en tres ámbitos principais: na loita contra a violencia de xénero e fomento da igualdade; na prevención, redución do dano, atención integral e incorporación social no ámbito das persoas con trastornos aditivos; e na asistencia a maiores, persoas con discapacidade, infancia e mocidade, especialmente naqueles casos nos que teñan problemas de exclusión social.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136