Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Domingo, 20 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Mellora na seguridade da Guarda coa continuación da VAP do Baixo Miño

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu esta semana na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia

A Xunta traballa no reforzo  da seguridade viaria e a mobilidade no concello da Guarda e na súa contorna co impulso da continuación da VAP do Baixo Miño de obras de conservación das estradas autonómicas.


O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, interveu  na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia, onde destacou a aposta realizada pola Xunta en materia de estradas na comarca e no concello da Guarda.


Subliñou que actualmente está en execución a obra da VAP Tui- A Guarda, no treito entre o enlace coa A-55 e o polígono de Areas, cun investimento da Xunta de 21,2 millóns de euros.


Concretou que a Consellería de Infraestruturas segue traballando na tramitación dos proxectos para a  continuación da vía de altas prestacións, desenvolvendo unha alternativa de trazado máis viable desde o punto de vista ambiental e económico, e con maior funcionalidade.


Lembrou que estes avances se suman ao treito entre Goián e A Guarda, que xa está á disposición dos veciños tras un investimento autonómico de case 60 millóns de euros.


Ademais, o director fixo fincapé nas actuacións executadas e programadas no eido de mellora de seguridade nas vías autonómicas nesta zona. Así, puntualizou que nos últimos anos, a Xunta investiu máis de 425.000 euros en actuacións de reforzos de firme nas estradas PO-352 e PO-552, incluíndo a travesía da Guarda.

 

 

 

 

Francisco Menéndez subliña que está en execución a obra da vía de altas prestacións entre a A-55 e o polígono de Areas, que supón un investimento da Xunta de  21,2 M€

 

 

 


Adiantou que este ano se continuará rehabilitando a capa de rodadura das vías autonómicas nesta área, polo que se procederá á renovación do pavimento do carril bici do treito entre Baiona e A Guarda, cun orzamento previsto de máis de 168.000 euros.


Co obxectivo de favorecer a mobilidade sustentable e incrementar a seguridade dos usuarios vulnerables das estradas, os peóns e os ciclistas, a Xunta tamén está a redactar o Plan de Sendas do Baixo Miño.


Francisco Menéndez recordou que a nova vía de acceso sur ao porto é de unha actuación urbana, polo que debe desenvolvela o Concello ou a Deputación de Pontevedra, na súa competencia de cooperación municipal e como administración titular da rúa que se remodelou.


Explicou que se trata dunha actuación que encaixaría nos obxectivos da Unión Europea para o programa Next Generation de fondos europeos en materia de mobilidade, pero os criterios de distribución deses fondos establecidos polo Goberno de España exclúen practicamente todo o territorio galego, e non permiten que actuacións en concellos pequenos, como o da Guarda, opten a eles.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.