Martes, 07 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 07 de Abril de 2026 a las 22:23:38 horas

Xornal21.es
Domingo, 20 de Junio de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Máis dun millón de euros do Plan Concellos para sete muncipios da provincia

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar investimentos da liña 1 do Plan Concellos por máis dun millón de euros que chegarán a sete concellos da provincia, Caldas Reis, A Lama, Cangas, A Estrada, Meaño, Cambados e A Cañiza.

 

Para Caldas aprobáronse 330.000 euros para o saneamento de residuais no barrio de Tivo, unha inversión que ampliará a rede existente de acordo ás necesidades de crecemento dos núcleos de poboación, completando e modernizando o servizo de saneamento do concello. Para A Lama foi aprobada unha achega de 97.500 euros cos que mellorará a drenaxe e pavimentación de varios camiños municipais na parroquia de Seixido.

 

No Salnés, Meaño pavimentará o camiño dos Pasales e mellorará así as condicións de circulación e de accesibilidade deste viario grazas a un investimento de 71.000 euros. A Xunta de Goberno provincial aprobou tamén para Cambados unha subvención de 105.500 euros co fin de reparar o depósito de auga de Troviscoso-Corvillon, que se atopa en mal estado de conservación.

 

Polo demais, Cangas recibirá unha achega de 110.000 euros para dar resposta a unha demanda veciñal ao pavimentar e mellorar os servizos da rúa Paz. A Estrada contará con 230.000 euros cos que o concello pavimentará seis vías urbanas que na actualidade presentan unha alta fisuración que afectan á súa impermeabilidade., e por último, A Cañiza realizará actuacións de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público na parroquia da Cañiza grazas a unha achega de 100.000 euros.

 

Conservación de firmes
A Xunta de Goberno deu tamén luz verde ás novas actuacións de conservación de firmes en  tres zonas da rede viaria provincial ao abeiro do Acordo Marco que regula estes traballos de mantemento dos case 1.700 quilómetros de estradas de titularidade da institución e que supón un investimento global de máis de 4,4 millóns de euros.
En concreto, as obras aprobadas abranguen traballos en 28 estradas provinciais, que transcorren por 18 concellos ao longo dun total de 167 quilómetros, cun investimento previsto de 2,2 millóns de euros.

 

Na Zona B (comarcas de Deza, Terra de Montes e Caldas) vanse realizar traballos por importe de 867.894€ en 12 estradas dos concellos de Silleda (5), A Estrada (4), Cerdedo-Cotobade (1), Cuntis (1) e Valga (1). En total, actuaras en 71,7 quilómetros de estradas.

 

Doutra banda, na Zona E (Baixo Miño, Condado e A Paradanta) investirase 723.060€ para as obras a desenvolver en 8 estradas dos concellos de Salceda (1), Ponteareas (1), Salvaterra (1), As Neves (1), Mondariz (1), Mondariz-Balneario (1), A Cañiza (1) e Arbo (1). Suman un total de 47,9 quilómetros.

 

E na Zona F (comarcas de Vigo e Baixo Miño) actuarase en 8 estradas de Vigo (3), Nigrán (2), O Porriño (1), Salceda de Caselas (1) e Tomiño (1), cun orzamento de 688.578 €. Neste caso, son 47,5 quilómetros nos que se realizarán traballos.

 

Carmela Silva subliñou que estas actuacións súmanse ás realizadas dende 2017 a través de recursos provinciais que ascenden a “máis de 17 millóns de euros” e deixou claro que “nunca se investira tanto no mantemento dos viarios provinciais e aínda que quedan moitas cousas por facer o avance nas infraestruturas provinciais é innegable”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.